As entradas para a cita xa están á venda, desde esta mesma mañá, a través da plataforma web www.entradium.com
A Coruña, 4 de decembro 2024.- A banda PAVA, liderada por Lucía Aldao, presentará o seu terceiro EP, titulado Pava 3, nun concerto que terá lugar o domingo 5 de xaneiro, a partir das 22.00 horas, na histórica sala Mardi Gras da Coruña. As entradas para a cita, na que se poderán escoitar por primeira vez ao vivo todos os temas deste último traballo discográfico, están á venda desde esta mañá, por 13 euros, a través da plataforma web www.entradium.com
PAVA é a banda gañadora do último Premio Martín Códax da Música na categoría de Pop e Indie. Liderada por Lucía Aldao, conta con Analís Guillín na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra. A poeta e compositora coruñesa é a responsable das melodías e letras dos temas mais o traballo dos arranxos é un labor de equipo ao que se suma Julián Goicoa, tamén produtor da banda. O terceiro e novo álbum da formación, Pava 3 -do que xa se coñecen Catastro e O himno da lesión, publicado o pasado 29 de novembro- verá a luz este mes de decembro.
Entradas Presentación 'Pava 3’: https://entradium.com
Escoita O himno da lesión: https://pava.hearnow.com/