lunes, 23 de septiembre de 2024

O ciclo Elas son Artistas visita Culleredo e A Coruña nas vindeiras semanas con Nabiza Girl de Isabel Risco e a música da andaluza La Mare


O venres 27 podes ver sen custe a Isabel Risco no Auditorio do Edificio de Usos Múltiples de Culleredo con entrada libre

O vernes 4 de outubro a cita é con La Mare no Garufa Club de A Coruña con entradas dende 13 euros

Elas Son Artistas continúa a súa viaxe coas mulleres artistas e creadoras como protagonistas. Fai uns días a obra de teatro de Carmen Conde "Boa sorte, mala fama" enchía no Concello de Betanzos o auditorio. O vindeiro venres 27 será o turno do Concello de Culleredo que acolle a obra de humor de Isabel Risco "Nabiza Girl", unha superheroina que vai encher tamén o Edificio de Usos Mútliples de Culleredo ás 20:30 horas. Os convites, é entrada gratuita, poden reservarse xa no teléfono 981665597. 

E o vernes da seguinte semana, o 4 de outubro, recibiremos a La Mare no Garufa Club con toda a súa banda. Un talento indiscutible para compoñer e moito carisma sobre o esceario é o que fai que cada vez sume máis seguidores. Chegará co seu Lp "Del fuego" e cancións dos seus traballos anteriores. As entradas dende 13 euros en Entradium.com