Como é habitual, o Concello activará desde este xoves 1 de agosto un dispositivo especial de mobilidade de cara ás Festas de María Pita.
Un servizo que entrará que implicará un reforzo nas liñas de autobús operativas á finalización dos concertos. O obxectivo e favorecer o desprazamento dos cidadáns aos concertos que se celebrarán na praza de María Pita desde mañá.
Este dispositivo, con saídas centralizadas desde Porta Real, estará habilitado os días de concertos de Noites en María Pita, entre o 1 e o 14 de agosto, sempre a partir das 23.30 horas agás o martes 6, cando se disporá dito reforzo a partir das 1.30 horas, á conclusión do evento ‘Locos Coruña’. As liñas nas que está previsto un reforzo do servizo son as seguintes:
● Liña 1, con cobertura ás zonas da Palloza, A Gaiteira, Os
Castros, O Castrillón e a avenida de Monelos.
● Liña 1-A, con cobertura ás zonas de Catro Camiños, a avenida Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís.
● Liña 3-A, con cobertura ás zonas de Labañou e Os Rosales.
● Liña 6, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de
Pontevedra, avenida de Fisterra, O Ventorrillo e Meicende.
● Liña 7, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, O Peruleiro, rolda de Outeiro, O Ventorrillo e Vila de Negreira.
● Liña 11, con cobertura ás zonas de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla e Cancela e Os Mallos.
● Liña 21, con cobertura ás zonas de Ramón y Cajal, Pablo Picasso, O Birloque e Novo Mesoiro.
Ademais, todos os días, e xa a partir das 1.30 horas, estará
en funcionamento o servizo nocturno de autobús no sentido de circulación
habitual: Labañou - Rolda de Outeiro - O Birloque – Novo Mesoiro.