O evento, declarado Festa de Interese Turístico Nacional, e que no 2023 contou con 35.000 asistentes, ofrecerá ao longo de tres xornadas unha programación cultural de balde dirixida a todos os públicos, con exhibición de vehículos, obradoiros e xogos infantís, concertos, taller de bixutería con crebas e un mercado de artesanía
Tanxugueiras, Sidecars, The Rapants, Mondra, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Lontreira, Cool Nenas, Capital Voskov, Galician Army, Monoulious DOP, Quinkillada e Mekanika Rolling Band actuarán no Festival das Carrilanas, que contará con tres zonas de acampada gratuíta
Esteiro (Muros), 18 de xullo de 2024.- O Gran Prix das Carrilanas de Esteiro, Festa de Interese Turístico Nacional, inicia mañá, venres 19 de xullo, a súa XXXV edición, que se celebrará até o domingo 21 de xullo. Carreiras de vehículos artesanais sen motor, obradoiros e xogos infantís, espectáculos de circo, pasacalles e un mercado de artesanía forman parte dunha programación cultural de balde e dirixida para toda a familia, que tamén contará co evento musical Festival das Carrilanas, no que se darán cita, entre outras bandas, Tanxugueiras, Sidecars, The Rapants, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Mondra e Lontreira.
Esteiro acollerá, do 19 ao 21 de xullo, un dos eventos de referencia do verán galego e que xira arredor da promoción e posta en valor das carrilanas, vehículos artesanais, feitos de madeira, que descenden sen axuda de motor polo circuíto de ‘O Maio’, situado na localidade. A singularidade desta festividade, que mantén viva unha proposta que ten a súa orixe nos xogos populares de tradición galega, fai que o Gran Prix das Carrilanas de Esteiro sexa, alén dun orgullo para a súa veciñanza, unha cita ineludible para as amantes da artesanía, da velocidade e da tradición.
No ano 2023, máis de 35.000 persoas asistiron á celebración desta gran festa familiar na que, por riba da competición entre os vehículos sen propulsión, prima a diversión. Así, a “carreira” do Gran Prix está aberta a todas a idades e xéneros e conta con tres categorías: Infantil (que poden pilotar as nenas e nenos menores de 18 anos ou acompañados de maiores), Carrilanas lentas (nas que prima a diversión e os disfraces) e Carrilanas rápidas, a máis espectacular de todas. Os descensos polo circuíto de ‘O Maio’ terán lugar a partir das 19.00 horas do domingo 21.
A inscrición no Gran Prix, que é gratuíta, terá lugar o sábado 20 de xullo, de 12.00 a 15.00 horas, na Alameda de Esteiro, na que tamén se exhibirán vehículos e que centralizará toda a actividade de lecer en horario diurno -espazo infantil, mercado de artesanía, zona gastro-. Na mesma xornada do sábado 20 levaranse a cabo as verificacións técnicas e administrativas así como a proba da Pole Position. Toda a normativa sobre o Gran Prix está dispoñible a través da páxina web www.carrilanasesteiro.gal

Festival das Carrilanas
O XXXV Gran Prix Carrilanas de Esteiro acompañarase dunha ampla programación cultural, aberta a todos os públicos, e que se desenvolverá ao longo de toda a fin de semana para festexar, por todo o alto, o grande espectáculo galego das carrilanas.
A principal cita será o evento musical gratuíto Festival das Carrilanas, no que as socias e socios da ADC Esteirana de Carrilanas -organizadora do evento- terán acceso prioritario. O venres 19, a partir das 21.00 horas (apertura de portas ás 20.15h) o público poderá asistir de balde, en Esteiro, aos directos que Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Mondra, Tanxugueiras, Lontreira e Cool Nenas ofrecerán no Escenario Vibra Mahou. O DJ local Meu Cariño amenizará os tempos de espera entre cambios de bandas desde o Escenario Artón. Ao día seguinte, o recinto -que este ano amplía a súa capacidade-, acollerá, desde as 21.15 horas, os concertos de Capital Voskov, Sidecars, The Rapants e Galician Army. Coma na xornada anterior, os momentos de cambios entre formacións contarán coas sesións ao vivo de DJ Bea Fernandes.
O evento musical, que terá tres zonas de acampada gratuíta -e duchas tanto no pavillón deportivo coma no campo de fútbol-, tamén ofrecerá actuacións en horario diurno. Na mañá do sábado 20, Quinkillada será a responsable de inaugurar o escenario Vegalsa-Eroski ás 13.30 horas, situado na Alameda de Esteiro -xunto ao espazo infantil-; mentres que Monoulious DOP subirá a este palco á mesma hora o domingo 21, xornada na que, previamente, Mekanika Rolling Band actuará polas rúas da localidade.

Actividades infantís e artesanía na Alameda
Na zona da Alameda de Esteiro situarase, un ano máis, o espazo de actividades infantís, no que haberá numerosos xogos populares, obradoiros, animación e até un espectáculo de circo “terrorificamente divertido”. O sábado 20, ás 12.30 horas, a compañía AsSircópatas representará Abradacaver, o que permitirá vivir, en familia, unha experiencia teatral ateigada de risas e para todos os públicos. Na mañá do domingo 21, a actividade xirará arredor da temática Xogando miudiño, na que os xogos tradicionais terán especial protagonismo.
Moi próximo ao espazo de actividade infantil -e á exposición a ceo aberto das carrilanas- estará tanto a zona gastro comoo mercado tradicional de artesanía, que este verán celebrará a súa quinta edición e abrirá as súas portas desde mañá venres, entre 11.00 e 22.00 horas.
Ademais, Esteiro tamén acollerá un taller de bixutería con crebas, nomeado Lixo Atelier, no que as e os asistentes poderán dar unha nova vida aos refugallos e redes de pesca que aparecen nas nosas costas dun xeito único e especial, transformándoos en pendentes, aneis e outras pezas de bixutería. O obradoiro, que terá lugar a partir das 16.00 horas do venres 19 nas Escolas do Areal, realizarase en colaboración co proxecto ecoloxista e artesán Lixo.

A celebración da XXXV edición do Gran Prix das Carrilanas de Esteiro, promovida pola ADC Esteirana de Carrilanas, conta co apoio de institucións públicas como o Concello de Muros, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia; ademais do patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros en torno ao directo e de ABANCA.
PROGRAMA CARRILANAS | VENRES 19 DE XULLO
- De 11.00 a 22.00h Espazo Artesanía | Zona Gastro
- 16.00h Obradoiro Lixo Atelier | Escolas do Areal
- 18.00h Adestramentos oficiais libres | Circuíto Carrilanas
- 21.00h Festival das Carrilanas | Recinto - Escenario #VibraMahou
20.15h Apertura de portas
21.00h Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
22.20h Mondra
23.50h Tanxugueiras
01.45h Lontreira
03.00h Cool Nenas
*** DJ Meu Cariño. Entre cambios de bandas | Escenario Artón