miércoles, 26 de junio de 2024

O Atlantic Pride 2024 celebrará as súas festas ‘After Party’ as madrugadas do xoves 11, venres 12 e sábado 13 de xullo

 

O Playa Club da Coruña acollerá as sesións máis golfas do festival, para continuar a festa unha vez rematados os concertos ao aire libre da man dos dj’s DJ Espinoso, Gorllitox e D-Lemma

As entradas anticipadas estarán dispoñibles a través da web www.atlanticpride.es/fiestas, a un prezo de 12 euros (con consumición incluída)

Tamén será posible adquirir entradas na porta o mesmo día das sesións, ata completar o aforo da sala, a un prezo de 15 euros (con consumición incluída)

Pola súa banda, a Sala Pelícano organiza unha festa ‘SuperMartXé’ o sábado 13 de xullo, a partir das 00.30h, con Nalaya, Javi Reina e Michael Sánchez, coas entradas xa á venda

A Coruña, 26 de xuño de 2024.- O Atlantic Pride presenta unha das súas grandes novidades neste 2024: as súas festas ‘After Party’. O Playa Club acollerá as sesións máis golfas do festival unha vez rematados os concertos ao aire libre as madrugadas do xoves 11, venres 12 e sábado 13 de xullo. DJ Espinoso (xoves 11, de 01.00h a peche), Gorllitox (venres 12, de 02.00h a peche) e D-Lemma (sábado 13, de 02.00h a peche) serán os dj’s encargados de dirixir os pratos nestas novas pinchadas do Atlantic Pride. 

En www.atlanticpride.es/fiestas é posible consultar os detalles das festas ‘After Party’ do Atlantic Pride, así como adquirir as entradas anticipadas para as diferentes sesións, a un prezo de 12€ (consumición incluída). Os pases poderanse mercar tamén o mesmo día na porta do Playa Club (15€, consumición incluída).