miércoles, 12 de junio de 2024

Mikel Erentxun, actuación principal do San Xoán 2024


Inés Rey informou sobre avances na programación con motivo do San Xoán 2024. A rexedora desvelou que o artista e compositor Mikel Erentxun protagonizará a actuación principal da noite de San Xoán 2024. 

O concerto terá lugar ás 00.20 horas do 24 de xuño, na explanada de Riazor. Será de balde e completarase con máis actividades programadas. Rey tamén presentou a imaxe da festividade deste ano que leva por lema “A Coruña é San Xoán”. “Seguindo a liña da campaña que lanzamos en FITUR, A Coruña, Cultura de Vivir, reivindicamos o que nos identifica como coruñeses e coruñesas, a nosa festa local máis querida e celebrada” concluiu.