miércoles, 22 de mayo de 2024

Willow GHZ e Sky J presentan "A Marea", unha canción adicada ao Dépor


Ver en instagram

Este single pretende ser un himno oficioso para o Deportivo da Coruña motivado polo amor do autor ás súas cores. Representa e fai homenaxe da súa loita, a victoria e por enriba de todo o apoio incondicional dos seus siaeiros, é o son da emoción que nos une, tanto nos bos coma nos malos momentos da equipa, representados neste cántico épico i evocador.

Willow GHZ

Willow GHZ é un artista do xénero Urbano galego. Afincado nas Neves, unha poboación rural do sur de Pontevedra, comeza a súa traxectoria no 2016, da man de Ganjack, amigos da infancia, crean o colectivo GHZ e comezan coa publicación de diferentes singles entre os que destacan Abran Paso, ou Veleno Ft Hugo Guezeta, entre outros.

Após varios anos de traballo en conxunto como GHZ, Willow da un paso a fronte para iniciar un proxecto en solitario e exclusivamente en galego que o levará en 2022 a publicación do seu primeiro EP Leña Verde. Coa publicación de Leña Verde demostra unha gran habilidade para dominar diferentes ritmos e temáticas pero mantendo un tono personal e propio que o caracteriza. Nostalxia, raiba e amor como bandeiras.

Dende 2023 até de agora sucedéronse diferentes publicacións de singles, que tiveron gran acollida entre o público, con nomes como Imos Durmir ó Raso, Compliqueime, Esta Dor Que Teño ou Calma, Willow GHZ sube un pequeno chanzo máis no xénero Urbano galego e prepárase para a composición do seu seguinte EP que verá a luz en 2024.

Sky J

Artista, produtor e compositor coruñés de Trap, Rap e Reggaeton -xéneros urbanos-. Moi conectado á tradición, combina diferentes xéneros musicais, chegando á fusión da música urbana coa música tradicional do país. Caracterizado pola súa ambición, honestidade y cercanía, conecta de de xeito moi sinxelo cos artistas e o público sendo fiel aos seus valores e crenzas.