A alcaldesa avanzou esta mañá que o Concello está a ultimar un dispositivo
especial de cara a esta fin de semana, na que o Real Club Deportivo e o Leyma Básquet Coruña
disputan sendos partidos nos que contan con posibilidades de rubricar os seus ascensos a
Segunda División e Liga ACB, respectivamente.
O venres habilitaranse pantallas xigantes na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor para
seguir en directo o partido de baloncesto que medirá ao Leyma co Melilla, encontro que se
disputará en terras melillenses e comezará ás 21.00 horas. “Queremos facilitar que as persoas
que non se poidan desprazar a Melilla podan disfrutar do partido e, agardamos, o ascenso do
Leyma Básquet Coruña á máxima categoría”.
En canto ao domingo, o Real Club Deportivo xoga tamén un partido decisivo contra o Barça
Atlètic. O Concello habilitará unha pantalla xigante na mesma explanada do Palacio dos Deportes
de Riazor para o seguimento do partido. Ademais, de acordo coa numerosa afluencia de público
prevista, arredor de 30.000 persoas dentro do Estadio de Riazor, o Concello porá en marcha un
plan especial de tráfico co obxectivo de facilitar a mobilidade na cidade e garantir a seguridade
dos peóns. “Será coordinado polas áreas de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Deportes e
daremos conta dos detalles concretos nos vindeiros días”, explicou a alcaldesa.