As novas xeracións de realizadoras de cinema experimental protagonizan a nova sección do festival: Sinais Latinoamérica
A 15ª edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña dedica ademais un programa a Annalisa Quagliata, expoñente do underground mexicano máis actual
O cinema experimental latinoamericano desembarca na 15ª edición do (S8) da Coruña trazando unha liña que parte da figura histórica da arxentina Narcisa Hirch e chega ás novas xeracións de realizadoras cuxas obras alimentan a nova sección “Sinais Latinoamérica”. E neste apuntamento dunha xenealoxía da vangarda latinoamericana inclúese un programa dedicado á cineasta underground mexicana Annalisa Quagliata. O (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico sitúa a creación latinoamericana como un dos puntos fortes da edición 2024; unha selección de cinema realizado por mulleres que levará ao público a un territorio diverso e dunha creatividade desbordante. De Narcisa Hirsch, pioneira e referente de varias xeracións, poderanse ver na Coruña obras inéditas recentemente recuperadas. O (S8), cuxa décimo quinta edición ten lugar do 31 de maio ao 9 de xuño, estrea a sección “Sinais Latinoamérica”, cun programa comisariado pola peruana Ivonne Sheen e co convencemento de estar ante un territorio cunha das formulacións máis interesantes na arte e a creación cinematográfica de hoxe en día no cal as mulleres realizadoras son protagonistas absolutas.
Narcisa Hirsch (Berlín, 1928 - Bariloche, 2024), foi unha das artistas máis importantes do cinema de vangarda mundial e da arte latinoamericana, referente para as novas xeracións xunto a nomes como o de Claudio Caldini e Marie Louise Alemann. Chegou a Arxentina coa súa familia a principios dos anos trinta e os seus inicios artísticos están vinculados á pintura. Na década dos sesenta comezou a traballar no happening, e a partir de aí empezou o seu interese polo cinema. Hirsch formou parte e foi núcleo dunha comunidade de cineastas e artistas arxentinos de vangarda que reinventaron a linguaxe cinematográfica. Hirsch sinalou máis dunha vez que filmar fóra da industria e próxima á poesía era, de seu, un posicionamento suficientemente subversivo.
Na 15ª edición do (S8), grazas ao ambicioso traballo de conservación, restauración e difusión da recentemente fundada Filmoteca Narcisa Hirsch, comandada por Tomás Rautenstrauch, neto da artista que visitará A Coruña durante o festival, poderanse ver obras inéditas que verán a luz por primeira vez nunha retrospectiva longamente desexada e traballada polo festival. A obra de Hirsch é coñecida principalmente por ser pioneira do cinema estrutural arxentino, e tamén pola súa relación coa performance, pero o seu cinema vai máis aló, movéndose tamén pola lírica e o simbolismo, por diarios íntimos e de viaxe, e por incursións no cinema etnográfico experimental.
O interese pola súa obra intensificouse nos últimos tempos grazas en boa parte á posta en marcha da filmoteca que leva o seu nome en Buenos Aires e que recuperou medio centenar de copias únicas que corrían o risco de perderse por deterioración. Así, entre outros proxectos recentes, a finais de 2023 inaugurouse unha ampla retrospectiva, a primeira, no Centro Cultural Kirchner de Buenos Aires de 2023, case ao mesmo tempo que unha exposición ao redor do seu cinema no Fisher Museum de Los Ángeles e un ciclo das súas películas organizado por Cecilia Barrionuevo na Viennale. O amplo foco que lle dedica o festival (S8) na Filmoteca de Galicia desde a primeira xornada do mesmo, o 31 de maio, é unha oportunidade única no ámbito español e europeo de descubrir todas as facetas dunha figura imprescindible. Unha retrospectiva que se tornou homenaxe tras o recente e lamentable falecemento de Hirsch o pasado 4 de maio, aos 96 anos. Tras o anuncio a pasada semana da presenza de Morgan Fisher e Margaret Honda nesta edición do (S8), o achegamento á obra de Hirsch nesta edición 2024 subliña a relevancia das figuras históricas da arte de vangarda no festival.
ANNALISA QUAGLIATA, O PULSO DO UNDERGROUND EN CIUDAD DE MÉXICO
Annalisa Quagliata (Veracruz, 1990) é un dos motores da efervescente escena de cinema underground contemporáneo de Ciudad de México e a súa presenza na 15ª edición do (S8) trae a estrea en Europa da súa longametraxe ¡Aoquic iez in Mexico! (¡Ya México no existirá más!). Ademais de creadora, Quagliata destaca no activismo cultural e no seu compromiso coa exhibición alternativa desde o espazo La Cueva e como integrante do Laboratorio Experimental do Cinema (LAC), centro vital do cinema analóxico en México. Como cineasta, o seu traballo percorre tanto a historia recente de México, como as raíces ancestrais da súa cultura, desde unha perspectiva feminista, queer e anticolonialista. A condición fortemente política da súa obra mestúrase cun poderoso traballo coa materialidade do cinema –o uso de película é un acto de resistencia, di–, que se pode ver en todo o seu esplendor na longametraxe que o (S8) estrea.
SINAIS LATINOAMÉRICA
Quagliata tamén forma parte da selección de cineastas que a curadora peruana residente en Alemaña, Ivone Sheen, escolleu para a primeira edición de “Sinais Latinoamérica”. Unha nova sección no (S8) que incide no inspirador que resulta o que sucede neste territorio ao redor da arte de vangarda. E especialmente no traballo que están a desenvolver as novas xeracións de realizadoras. Xunto á mexicana, poderanse ver traballos de Maria Rojas (Colombia), Azucena Losana (México), Sofía Gallisá (Porto Rico), Cristiá Miranda (Brasil) e Andrea Novoa (Chile), precedidas pola histórica Marie Louise Alemann, compañeira de Narcisa Hirsch naqueles happenings filmados dos anos sesenta .
“Sinais Latinoamérica” interroga nun camiño de ida e volta ao cinema experimental de Latinoamérica, pensado como unha práctica de mestizaxe, na que a migración e a diáspora son temas esenciais. A comisaria Ivone Sheen mostra a súa preferencia polo formato analóxico e subliña as súas posibilidades de revelado caseiro e orgánico fronte á idea estendida de que é inaccesible. Para deseñar a sección “Sinais Latinoamérica” tomou como inspiración os textos das activistas e escritoras chicanas Gloria Anzaldúa e Cherríe Moraga no libro Esta puente, mi espalda,antoloxía publicada por primeira vez en Estados Unidos en 1981 co título This Bridge Called My Back: Writings by Radical Women of Cor.
----------------------
A 15ª edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico está organizada pola Asociación Cultural eSe8 e conta co apoio do Concello da Coruña, o Consorcio de Turismo e Congresos, a Deputación da Coruña, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), Acción Cultural Española (AC/E) e a Fundación Luis Seoane. Coa colaboración especial de Cervezas Alhambra.
Posts recientes
Posts más leídos
-
Chayanne en A Coruña: una noche única para Galicia en su esperada gira “Bailemos otra vez” tour 2025Chayanne regresa a España tras más de una década con su gira “Bailemos Otra Vez” Tour 2025, con el patrocinio de la Xunta de Galicia, que re...
-
Listado con las cámaras web de MeteoGalicia y de la DGT en algunas zonas del área de influencia de A Coruña ---- A Coruña ( CRTVG - Móbil...
-
El evento, dirigido por Luis Piedrahita, contará con artistas internacionales y ofrecerá estrenos tanto en España como en Galicia de varios ...
-
La edición más internacional del evento ofrecerá el estreno en España de los nuevos espectáculos de Carlos Ballarta y Luciano Mellera, que...
-
El horario de funcionamiento y de atención al usuario será el siguiente: Lunes a domingo de 07:00h a 01:00h. Teniendo en cuenta que el serv...
-
Horarios das Bibliotecas Universitarias da Coruña. Depende do periodo do ano pero, como norma xeral, de luns a venres de 08.30 h a 21.3...
-
A formación liderada por Lucía Aldao, gañadora do último Premio Martín Códax da Música na categoría Pop e Indie, presentará na sala coruñesa...
Xornal da Coruña
*Notas de prensa
Si quieres enviarme noticias, eventos o notas de prensa sobre cualquier cosa que tenga lugar en la ciudad de A Coruña y su área metropolitana, puedes hacerlo escribiendo un correo electrónico a:
Enlaces
- 15002 Ideas
- AVV Atochas Monte Alto
- Bibliotecas Municipais
- Biblioteca Deputación
- Bibliotecas Universitarias
- Biblioteca Xunta
- Blog Bus Urbano
- Coruña Bloggers
- Coruña Online
- Cris Andina
- Cuac FM
- Desayuna Coruña
- Desde Cubierta
- Desenredando la Red
- Distrito Mallos
- E-Me Comunicación
- Ecos de Pentagrama
- Eduardo Mosqueira
- EloyTP
- Escapalandia
- Fedellando
- Hoy estoy sembrada
- Julya Pepry
- Krtles
- Muncyt
- Museo Belas Artes
- Museos Científicos
- Novo Mesoiro
- Produtriz
- Retroalimentación
- Sindo Novoa
- Solofolar
- Superkarmen
- Tam Tam Gestión Creativa
- The Office Comunicación
- Uxío Rivas
- Víctor Grande
- Vuela más alto
Archivo
Etiquetas
5CoruñaFS
(4)
Abanca
(1)
abegondo
(2)
acampa
(7)
acoruña
(868)
actualidad
(241)
Acustiquísimos
(9)
aeropuerto
(1)
afaco
(7)
afundación
(18)
Agaucrania
(3)
agenda
(635)
ágora
(8)
agrela
(3)
agrupacionÍO
(1)
alhambra
(17)
alzheimer
(1)
andenbeachclub
(1)
animación
(1)
aradioconta
(5)
arte
(1)
Arteixo
(9)
AsBrigantias
(10)
atlanticpride
(17)
audiovisual
(1)
autoban
(1)
avv
(5)
BabaBar
(3)
baloncesto
(1)
bancoalimentos
(4)
bandas
(25)
banrial
(1)
bergondo
(4)
betanzos
(4)
bibliodeputación
(3)
bibliotecas
(4)
biblioXunta
(2)
bicicoruña
(6)
bloggers
(1)
bomberos
(2)
cabalgata
(11)
cambre
(4)
cantabile
(1)
cantones
(1)
capuchinas
(1)
caritas
(1)
carral
(4)
carreras
(3)
carrilbici
(1)
castillosananton
(2)
cclosrosales
(2)
ceeg
(2)
chuac
(4)
ciclo
(1)
cidadeTIC
(1)
cidadevella
(1)
ciencia
(1)
cine
(10)
circuloartesanos
(3)
clubdelmar
(2)
clubuni
(1)
coliseum
(16)
comarca
(73)
comercio
(2)
comunicado
(1)
concello
(1)
concellocoruña
(103)
ConceptStore
(1)
conciertos
(2)
Corufest
(2)
corunacorre
(1)
cruceros
(5)
cuacfm
(9)
culleredo
(9)
Cultura
(83)
cursos
(1)
Danza
(6)
DelGobierno
(1)
dépor
(1)
Deportes
(61)
deputación
(20)
Diversidarte
(11)
documental
(1)
domus
(1)
donaciones
(1)
dongiorgio
(1)
ecoruña
(1)
ecosystems
(1)
educación
(16)
Eirís
(7)
elassonartistas
(19)
elecciones
(2)
elrotufosforito
(2)
emhu
(14)
emprendimiento
(1)
empresas
(1)
enki
(4)
entroido
(8)
estrellagalicia
(24)
EstudiosMans
(4)
expocoruña
(1)
Exposición
(4)
Fanzine
(11)
fec
(4)
feiradolibro
(5)
feironsenpatron
(1)
FeriaMedieval
(1)
ferozcomedy
(1)
festas
(4)
festivalintersección
(3)
FestivalNoroeste
(10)
Fiestas
(15)
filomatic
(8)
findeaño
(1)
firc
(3)
fnac
(2)
forum
(5)
fundacionbarrie
(1)
fundacionJove
(5)
FundaciónPaidela
(4)
FundLuisSeoane
(7)
fútbol
(1)
galicia
(2)
galiciamolona
(1)
garufaclub
(15)
hcliceo
(9)
hostelería
(4)
hotelfinisterre
(1)
hydn
(5)
infantil
(1)
ingenieros
(2)
innclub
(13)
internet
(1)
irmandiñas
(1)
jazzfilloa
(3)
Labañou
(1)
ladisfrutona
(7)
librerías
(1)
Liceo
(2)
lonja
(1)
lorbé
(1)
Mahou
(4)
mardemares
(2)
mardigras
(30)
MaríaPita19
(3)
maríapita2022
(1)
maríapita2023
(1)
marinedacity
(3)
materno
(1)
mc2coruña
(3)
mega
(10)
MercadoCosecha
(1)
mercadodasnubes
(10)
mercados
(1)
moda
(1)
Monelos
(1)
montesanpedro
(1)
Moom57
(2)
Muncyt
(3)
mundosdigitales
(2)
murales
(2)
MuseoBelasArtes
(5)
Museos
(3)
Música
(273)
navidad
(35)
noitesdoporto
(18)
normal
(1)
nortecinemadiverso
(2)
Nostián
(1)
notasdeprensa
(1)
obradoiro
(1)
obras
(21)
oburgo
(1)
OffTopic
(24)
ofimático
(1)
oleiros
(12)
once
(1)
ong
(5)
osg
(20)
osmallos
(1)
otunel
(1)
outlet
(10)
paideia
(1)
palacioópera
(15)
palexco
(9)
parquedebens
(1)
patachim
(1)
pesca
(1)
planetario
(1)
PlayaClub
(9)
Playas
(3)
Plazadelugo
(2)
poetas
(3)
policíalocal
(2)
portiño
(3)
poten100mos
(1)
proteccioncivil
(1)
puerto
(33)
pzLugo
(1)
queiroa
(1)
queixas
(1)
quincegotas
(3)
radio3
(1)
radios
(2)
RCDeportivo
(4)
reciclaje
(1)
recordafest
(15)
retroalimentación
(3)
Riazor
(2)
RollerDerby
(9)
rutanvi
(1)
s8cinema
(6)
Sada
(24)
sagradafamilia
(2)
salabunker
(1)
salapantalan
(6)
salapelícano
(1)
sanagustín
(6)
Sanidad
(42)
sansilvestre
(3)
santamargarita
(2)
SanXoán
(9)
semanacinema
(4)
silcerino
(1)
sofar
(1)
soneg
(3)
streetgames
(1)
studiofollow
(4)
taller
(1)
Tanxugueiras
(10)
teatro
(10)
teatrocolón
(43)
TeatroRosalia
(9)
temporal
(6)
torredehercules
(2)
toulinapop
(1)
tráfico
(10)
transportepúblico
(12)
turismocoruna
(4)
tvg
(6)
UDC
(9)
universidade
(1)
videojuegos
(1)
viñetas
(6)
Visita guiada
(1)
Visma
(1)
Webcams
(1)
xunta
(15)
xuxán
(1)
zonaORA
(2)