miércoles, 13 de marzo de 2024

A asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea e a cooperativa Espiga organizan a feira “RqR. Erre que erre cos pellets”


Este sábado 16 de marzo, a Asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea e a cooperativa Espiga organizamos a feira “RqR. Erre que erre cos pellets” no local da Asociación (Mercado Municipal de Palavea) e praza diante da mesma. Durante a xornada, dende as 15:00 h. ata as 22:00 haberá unha feira de artesanía, na que participarán, entre outros, Rebeca Cambreiro Fotografia (@poloreghocomaomineral), Lixo Atelier (@lixo.atelier), A eito complementos (@aeitocomplementos), Rashel pintura e Ilustración e Menino Morreu (@meninomorreu). 

Tamén haberá un punto de intercambio onde se pode deixar o que se queira e coller o que se precise. Ás 16:00 h. haberá un Obradoiro de balde realizado por un artesán da feira.

Ás 17:30 h. terá lugar unha charla do Grupo Naturalista Hábitat e de ADEGA sobre a crise dos pellets, plásticos e microplásticos, así como información sobre as asociacións ecoloxistas que están actuando. 

As 19:00 h. concerto do grupo de Musicoterapia de Abegondo e Palavea e a partir das 20:00 peche da feira con foliada. 

O evento pretende ser un acto solidario, cuxos fondos van destinados á compra de material para recollidas e limpezas de praias e como actividade de divulgación ambiental acerca da sostibilidade, reciclaxe e reutilización nun marco comunitario contando coa participación do barrio.

Colaboran os negocios locais Naidedía e 237 lab. Entrenamiento personal, así como o Concello da Coruña