As estrelas eurovisivas encherán de cor e diversión o programa da quinta edición do festival, que se celebrará do 7 ao 14 de xullo de 2024 na cidade Coruña
O ORGULLO DO NORTE
A Coruña volverá ser a sede do Orgullo do Norte entre o 7 e o 14 de xullo para celebrar a quinta edición do Atlantic Pride. Neste 2024, o festival propón oito xornadas de música e celebración ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular. As estrelas eurovisivas Nebulossa, Rosa López, Las Ketchup e Lucía Pérez están xa confirmadas dentro do seu cartel, do que moi pronto revelaranse novos nomes e outras actividades.
O Festival Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras e, en 2022, regresou á súa esencia con toda a forza, enchendo A Coruña e as súas rúas de música en directo durante oito xornadas. En 2023, o Atlantic Pride logrou alcanzar máis de 100.000 espectadores, marca que a cita se propón bater este ano. Desde a dirección do festival convidan ao público a non deixar de soñar: “as nosas redes sociais están sempre activas e abertas e sempre haberá espazo para as sorpresas no noso programa”.
O Atlantic Pride é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO-, o Concello da Coruña e Turismo Coruña, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia e Global Grafic. Nace na Coruña no ano 2019 como un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coruñesa dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e actividades culturais, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social do noroeste.
PRIMEIRAS BANDAS E ARTISTAS CONFIRMADAS
Nebulossa
Nebulossa é un dúo de synthpop formado por María Bas (voz e produción) e Mark Dasousa (sintetizadores e produción). Na Actualidade, é un dos participantes do Benidorm Fest 2024. Desde a súa formación no ano 2018, a banda alicantina fusiona sons e melodías dos anos 80, colleitando éxitos como que o seu tema Glam fose seleccionada como a mellor canción do 2021 polo xurado de Indie Cool, ademais de ser nominado aos Premios Pop Eje como grupo revelación.
Me pones a 1000, La colmena, Anoche, Armada roja ou Me ha dado porno son algúns dos temas máis famosos desta troupe de electropop, cos que nos últimos anos percorreu escenarios de cidades como Madrid, Málaga, Barcelona, Valencia, Castellón, etc. O grupo foi gañador do concurso de Studio Mans e pola súa presencia, no 2022, na preselección de San Marino Una voce per San Marino, certamen no que chegaron ata a última fase. En 2024, Nebulossa erixiuse como unha das grandes revelacións -ademais de favorita- do Benidorm Fest co seu tema Zorra, canción que supera o millón de escoitas en Spotify e coa que o dúo actuará esta mesma noite na primeira semifinal do certame.
Rosa López
Rosa López, popularmente coñecida como "Rosa de España", saltou á fama en 2001 coa súa participación na primeira edición do talent show musical Operación Triunfo -do que foi gañadora-. No ano 2002 representou a España no Festival de la Canción de Eurovisión, acadando a sétima posición e unhas cifras de audiencia récord. A súa interpretación foi a máis vista na historia de Eurovisión ata o de entón, congregando a 12,7 millóns de espectadores co tema Europe's Living a Celebration. Ao longo da súa carreira como cantante e vocalista, Rosa López publicou un total de 8 álbums de estudio (Rosa, Ahora, Ojalá, Me siento viva, Promesas, Propiedad de nadie, Rosa López y Kariós). Ademais, a artista lanzou un EP, 22 sinxelos e un álbum recompilatorio.
Por outro lado, Rosa López compaxinou a súa traxectoria musical co seu paso por televisión en varios programas e concursos. En 2006 proclamouse vencedora da terceira edición do talent show ¡Mira quién baila! Ademais, durante o seu paso pola quinta edición de Tu cara me suena, a artista quedou en segunda posición. Netes máis de 20 anos de carreira, Rosa López recibiu múltiples galardóns, entre eles, o Micrófono de Prata, a Antena de Ouro ou Premio ao Disco do Ano.
Lucía Pérez
Lucía Pérez é unha recoñecida artista española que gañou popularidade a nivel nacional e internacional despois de representar a España no Festival de Eurovisión en 2011, interpretando a exitosa canción Que me quiten o bailao. A súa participación neste prestixioso evento permitiulle gañarse o agarimo do público e posicionarse como unha destacada figura na industria musical. Orixinaria de Galicia, Lucía Pérez logrou consolidarse como unha artista versátil e talentosa, levando a cabo numerosos concertos en diferentes escenarios e cativando á súa audiencia coa súa voz enérxica e a súa magnética presenza no escenario. A súa música destacouse por fusionar diversos xéneros, incluíndo pop, folk e ritmos latinos, creando un estilo propio que a distingue.
Fóra da súa carreira musical, Lucía Pérez tamén ha incursionado no ámbito televisivo, participando en programas de televisión e converténdose nunha das caras máis visibles da Televisión de Galicia. Recentemente, Lucía Pérez estivo en Miami, onde estivo gravando distintas cancións que se sumarán ao proxecto de A saída no seu próximo álbum. Esta experiencia permitiulle explorar novos horizontes musicais e enriquecer a súa proposta artística. Cunha traxectoria sólida e unha paixón inesgotable pola música, Lucía Pérez continúa cativando co seu talento e o seu carisma a fans de todo o mundo. A súa incansable dedicación e a súa capacidade para reinventarse convertérona nunha artista referente na escena musical española e nunha das voces máis destacadas de Galicia.
Las Ketchup
Las Ketchup é un grupo musical cordobés integrado polas catro irmás Muñoz (inicialmente, Lucía, Lola e Pilar; e, a partir de 2006, tamén Rocío). Fillas do guitarrista Juan Muñoz, coñecido polo seu alcume “El tomate”, a súa infancia desenvolveuse nun entorno musical. Como título para o seu primeiro álbum, as irmás elixiron “Hijas del Tomate”, como un xogo de palabras en homenaxe ao seu pai. O grupo foi descuberto polo produtor de flamenco Manuel “Queco” Ruiz, da discográfica Shaketown Music, e rexistrou un grandísimo éxito en 2001 coa súa canción Aserejé, un tema de 1999 que fusionaba flamenco e europop. Aserejé converteuse na canción do verán tras acadar o número un nas listas de numerosos países, tanto de Europa como de Latinoamérica e Asia. A canción estaba acompañada dunha singular coreografía e a súa letra recordaba en ao primeiros versos do tema Rapper’s Delight, de Sugarhill Gang. Tal foi o seu éxito mundial que La Ketchup chegaron a vender 7 millóns de sinxelos, posicionándose no posto 103 dos singles máis vendidos da historia da música nivel mundial, según Media Traffic.
Las Ketchup alzáronse con numerosos premios como grupo revelación, entre eles, o Premio Ondas, o Premio Amigo, o Premio Billboard Latino ou o Record Fair MIDEM de Cannes. No ano 2003, lanzan un novo sinxelo, Kusha las payas, ao máis puro estilo racial que as caracterizaba, pero xa sen o éxito do seu afamado Aserejé. En 2006 foron elixidas para representar a España no Festival de Eurovisión co tema Bloody Mary, que rexistrou unha humilde vixesimoprimeira posición no certame. Trala cita eurovisiva, o grupo fai un parón e desaparece da esfera pública, actuando ocasionalmente nalgúns festivais, clubes ou programas de televisión seeccionados, como o Melodiefestivalen ou o Festival Pa’l Norte de Monterrey (México). No ano 2019, Las Ketchup regresan aos escenarios, de xira por países como Dinamarca, Portugal, Suiza, Noruega, Rumanía, Francia e España, cun público entregado aos seus directos e ávido por revivir, de novo, o seu ritmo “ragatanga”.