Este mércores sairán á venda a primeira tanda de abonos cun prezo de 40 euros máis
gastos de xestión, así como as 300 entradas premium a 120 euros.
A Coruña, 11 de decembro de 2023 – Sidonie, Sidecars, Amaral e Marlon son os primeiros
nomes que conformarán o cartel da vindeira edición do Recorda Fest 2024, que se
celebrará no Peirao de Batería os días 6 e 7 de setembro.
Este mércores sairán á venda a primeira tanda de abonos cun prezo de 40 euros máis
gastos de xestión, así como as 300 entradas premium a 120 euros. O 18 de decembro
anunciarase unha nova confirmación para o cartel do 2024.
En redes sociais, continuaranse a facer xogos e preguntas para que a audiencia do
Festival comparta experiencias, opinións e expresen os seus desexos para a cita do 2024.
Amaral presentarase na Coruña cunha discografía de 8 traballos que desde 1998 os
converten nun dos grupos de pop rock español con máis éxito das últimas décadas.
‘Estrella de mar’, o seu álbum máis vendido, ocupa o vixésimo cuarto posto na lista de
“Los 50 mejores discos del rock español”, confeccionada pola revista Rolling Stone.
Orixinarios de Zaragoza, farán vibrar ao público con temas tan míticos como ‘Sin ti no soy
nada’, ‘Te necesito’, ‘El universo sobre mi’ ou ‘Como hablar’.
Marc, Axel e Jes compoñen Sidonie, outra das confirmacións do Recorda Fest 2024, outro
dos talentosos grupos do panorama musical español enmarcados no estilo do rock
psicodélico xurdido en Barcelona a finais dos anos 90. ‘Estáis aquí’, ‘Carreteras infinitas’,
‘Me gustas todo el rato’ ou ‘Maravilloso’, uns dos seus imprescindibles.
Premio ao mellor álbum de música de rock alternativo 2009, Sidecars é un grupo de rock
español que ten as súas orixes no barrio madrileño de Alameda de Osuna. O seu primeiro
disco fou publicado en 2008. No Peirao de Batería poderanse escoitar himnos como
‘Hasta que cierro los ojos’, ‘Caballos salvajes’, ‘Fan de ti’ ou ‘Mundo imperfecto’.
A derradeira confirmación deste 11 de decembro por parte da organización do Recorda
Fest é Marlon, que repetirá como artista que xa participo una estrea deste Festival este
mesmo ano. A banda asturiana formada por Adrián Roma, Juan Fernández e Jorge
Diéguez estase a posicionar como un dos referentes do panorama musical español. O seu
éxito non só se pode comprobar nos concertos, tamén nos galardóns obtivos. Artista
revelación do rock no 2020 ou mellor canción de rock no 2021 os avalan. ‘De perreo’,
‘Olvidé olvidarte’ e ‘Caos’ retumbarán na Coruña en setembro de 2024.