Somos encontro. Somos espazo vivo. Somos onde atopar una
chea de agasallos únicos. Mais tamén onde atopar cousas necesarias e sen prezo: unha
conversa, unha aperta, a creatividade sen cancelas. O Feirón é un lugar para descubrir e compartir. Descubrir e
compartir a paixón de crear, a paixón de vivir. No Feirón non vai frío, non vai présa. Non ten seccións nin departamentos. É unha xeografía para
andar e pousar, unha foliada, un almeiro de descubertas, un
obradoiro de man común e autoxestión.
O Feirón Sen patrón é...outra cousa! Atréveste?!
Descubre una chea de proxetos orixinais e autoxeridos,
onde o empoderamento e o agarimo teñen prioridade.
Este ano: Dúas fin de Semana!
Horario (decembro):
Venres 15 pola tarde (17 a 21,30), Sábado 16 e Domingo 17
mañá e tarde (de 11,30 a 14,30/ 17 a 21,30)
Xoves 21 pola tarde, venres 22 e sábado 23 mañá e tarde.
Circo de artesás. Rúa S. Andrés, num 36. A Coruña
Participan 29 proxectos de arte e artesanía: ilustración, collage,
serigrafía, encuadernación, fotografía, costura, productos
veganos, xoiería, cerámica, etc.
E ademáis Programación cultural do Feirón Sen Patrón:
Sábado 16
17hrs Obradoiros de Kokedamas con Espora Coruña.
19,30 Dj Endora
Domingo 17
13 hrs Vermú con Pablo Caamiña Ursusson e Xoel Lopez (de Sangre de
Muérdago)
Faladoiro Sobre a Loita Contra a invasión eólica por Amil sen Eólicos e
Asociación Nove Refachos
Xoves 21
19 hrs. Presentación do Libro “Basilisa Álvarez. A Corales, Unha Mapoula
nas Atochas” Por Bastiana Ed.
Venres 22
13 hrs Vermú con KREZE
18,30 hrs Faladoiro “A loita pola recuperación dos muráis de Lugrís” polo
Colectivo In Nave Civitas
Sábado 23
19,30 Dj Ant00000n