- A entrada é gratuita pero pode deixarse donativo para a Cociña Económica
- O comezo está previsto para as 10 da noite
- O ciclo conta coa colaboración do concello da Coruña
Chega a cuarta noite de celebración do XXV Aniversario do Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM. Nesta ocasión será La Disfrutona del Orzán, o sábado 11 de novembro ás 22:00 a que acolla a actuación, con entrada gratuita, ainda que as persoas asistentes poden deixar na entrada un donativo para a Cociña Económica. Somos La May e Kreze serán as propostas que se suban ao esceario.
Somos La May é un dúo formado por Marian Ledesma e Sofía Canedo, ambas arxentinas de nacemento, pero galegas de adopción e cidadáns do mundo. Este proxecto comezou como un reto persoal para Marian Ledesma como compositora, pero cando Sofi Canedo se uniu ao seu Universo e ás súas letras, La May fíxose moito máis evidente, porque La May Somos Todos son cancións feitas por mulleres para todas as persoas.
Kreze é un cuarteto de corda. Guitarra, violín, viola e violonchelo. Fan música emotiva, onírica e visceral. Defínense como melodías tradicionais de mundos inexistentes.
Comezaron este ano (aínda que o grupo e as cancións levaban un par de anos xerminando). Xa tocaron en varios festivais da península como MusiCares (Picos de Europa) e Vibra Balboa e os seus dous únicos concertos na Coruña no club Garufa e no teatro Colón (Festigual). Agora preparan o seu primeiro disco que gravarán en xaneiro.
Sábado 11 novembro
La Disfrutona del Orzán
22:00 Entrada libre