jueves, 27 de julio de 2023

A Feira do Libro da Coruña aumenta programación e propostas de ocio nesta nova edición


- Ver programa completo en [PDF] haciendo click aquí -


O vindeiro 1 de agosto inaugúrase, ás 12.30 horas, a Feira do Libro da Coruña, co pregón da poeta Dores Tembras, cun programa que propón 10 días de actividades culturáis na cidade.

Nesta nova edición participan 32 casetas -2 máis que no 2022-, 13 librarías da ciudade, 9 librarías de fora de A Coruña e 9 editoriais e unha distribuidora de libros.

A Coruña, xoves 27 de xullo de 2023.-

Máis dun centenar de autores, 7 editoriais, máis dunha veintena de librarías, 32 casetas e 2 carpas para actividades: a Feira do Libro de A Coruña abrirá as súas portas o vindeiro martes 1 de agosto co pregón da poeta Dores Tembras. Dende ese momento até o vindeiro 10 de agosto, a cidade coruñesa respirará literatura polos catro costados.

A Federación de Librarías de Galicia ven de programar una 52ª Edición da Feira do Libro de Galicia que amplía a actividade e propostas de anos anteriores, combinando sinaturas de libros, presentacións, mesas redondas e actividades para toda a familia.

Entre 120.000 e 150.000 persoas visitan a Feira do Libro da Coruña cada ano, así, , entre as 11:00 e as 14:00 horas, e de 17:30 a 21:30, todos os coruñeses e visitantes poderán disfrutar dunha oferta cultural sen precedentes e da posiblidade de charlar cos seus autores favoritos -acompañada dun 10% de desconto- nas 32 casetas participantes. A esta programación únense os eventos programados cada tarde nas dúas carpas, que darán cabida a charlas, mesas redondas, actividades culturais e de ocio, e presentacións de libros.

A Federación de Librarías de Galicia

A Federación de Librarías de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada actualmente por 141 librerías de toda Galicia, que leva 45 anos traballando pola defensa dos intereses comúns do sector, e fomentando o crecemento dos lectores con diversas campañas.