Sábado 17 de xuño ás 19h00 na Praza de Vigo, ruada das Xoubas de San Xoán, A Coruña.
14/06/2023.
Ten que ser a música infantil unha música simple, con escaso contido e profundidade? Rotundamente non. E así o demostra PAKOLAS, que coa súa enerxía e
entusiasmo crea rock and roll en galego para as nenas e nenos, e toda a familia ao completo, con
formidable acollida por parte do público. Como ben di o rockeiro e guitarreiro,”música para todos e
todas e letras axeitadas aos máis cativos e cativas, dende o respeto á infancia na creación de
cultura”.
1. O músico vén de estrear en abril de 2023 o seu terceiro traballo en solitario “A RAMONA PEQUENA VAI Á
LÚA”, en formato LibroQR (ED Galaxia). Info do novo libro e tamén vídeo estrea de videoclip de “COAS MANS”, un dos títulos incluídos no seu novo libro musical. As súas cancións xa forman
parte das plataformas de escoita en streaming
2. 'Pakolas. Rock infantil e familiar en galego' na categoría de iniciativas de dinamización do galego para a
poboación de menor idade é a proposta gañadora dos XIV Premios Rosalía de Castro de Lingua 2023, que convoca
a Deputación da Coruña. O xurado escolleu a Pakolas por considerar que "utiliza unha linguaxe universal, a música,
para involucrar calquera xeración no uso normalizado da nosa lingua". O informe do xurado tamén indica que "non só
utiliza a súa enerxía e entusiasmo sobre o escenario, senón que fai uso doutras vías para divulgar e promocionar a
cultura".. Mais información en Premios XIV Rosalía de Castro.
3. 'Pakolas' é o músico e narrador Paco Cerdeira en formato solitario, cun espectáculo co que percorre festivais,
bibliotecas, centros de lectura, feiras do libro, e outros espazos como teatros, auditorios, ou centros sociais. Axenda Pakolas. Os seus espectáculos en formato individual, ou acompañado pola ilustradora Laura
Romero, seguen a xirar por toda Galicia, coa ESTREA de novas montaxes escénicas e musicais baseadas no novo
álbum
4. Ademais Edicións Xerais acaba de anunciar que Pakolas forma parte do xurado lector dos Premios Merlín de
Literatura Infantil, do que xa se coñecen os finalista.
DATAS DOS CONCERTOS/FESTIVAIS PARA PÚBLICO FAMILIAR do MES de XUÑO
17/06/2023 ás 19.00 h. Pakolas. A Ramona pequena. Praza de Vigo, Festas do San Xoán. A CORUÑA
18/06/2023 ás 17.15 h. Pakolas. A Ramona pequena. Noceda Rock, Carballeira de Lamas. LALÍN
24/06/2023 ás 18.00 h. Pakolas e Laura Romero. Cores, contos e rock coa Ramona pequena. Local social da Seara-Ferreira. SAN
SADURNIÑO (Programa Dinamizartj)
27/06/2023 pola tarde. Pakolas. A Ramona pequena. Feira do Libro. VIGO
29/06/2023 ás 20.00 h. Pakolas e Laura Romero. Cores, contos e rock coa Ramona pequena. Parque Raiña Sofía . FERROL. (Programa
Dinamizartj)
30/06/2023 ás 20.00 h. Pakolas e Laura Romero. Cores, contos e rock coa Ramona pequena. Centro Cívico . AS SOMOZAS. (Programa
Dinamizartj)