miércoles, 7 de junio de 2023

O Día dos Océanos, 8 de xuño, novo single de Leticia Rey adicado aos mares: "Melodías de Sal"


* A canción estará dispoñible exclusivamente en Bandcamp o día 8 de xuño

* A cara B do single é o tema Lejos la ciudad do seu Lp Lux

* A vindeira semana chegará ao resto de plataformas dixitais

O Día dos Océanos, 8 de xuño, é o día perfecto para escoitar cos ollos pechados a nova canción de Leticia Rey. "Melodías de sal" é o novo single que ten como segundo corte "Lejos la ciudad", canción incluida no Lp Lux. A gravación de Lux fora en directo e a desta nova canción seguiu o mesmo proceso. O directo na súa vila actual, Culleredo, dentro do ciclo Elas Son Artistas a finais de 2022.

Leticia contou nas suas redes sociais [podes velo aquí https://www.instagram.com/p/CtJezIzAgXt/] o proceso creativo da canción, algo que está tendo unha fantástica acollida por parte dos seus fans. "Un día de paseo coa miña nai pola praia" así comeza o relato da artista de cómo chegou a ela, primeiro una liña de baixo...

A canción non resulta doada de encaixar nalgún xénero musical concreto. Iago Mouriño no piano vai tecendo coas suas notas para que apareza a magnífica voz da artista de Vila de Cruces a contarnos o que supón para ela esta viaxe sonara cos océanos como protagonistas.

A cara B so single, termo que para a xente moza ten pouco sentido, incluida a propia artista, é "Lejos la ciudad", un tema de oito minutos de duración que aparece xa no Lp Lux, un dos últimos cortes e no que de novo Iago Mouriño acompaña dun xeito marabilloso á historia que conta Leticia.

As duas cancións estarán dispoñibles aquí dende as 00:001 do 8 de xuño: https://leticiareymusic.bandcamp.com/