jueves, 8 de junio de 2023

O Concello instalará este domingo unha gran pantalla na explanada de Riazor para poder ver e animar ao Dépor no partido fronte ao Castellón


O Concello colabora tamén coa Federación de Peñas patrocinando dous autobuses para os afeccionados que se despracen ata o campo do rival

A Coruña, 8 de xuño de 2023.- O Concello instalará este domingo unha gran pantalla na explanada de Riazor para que todos os que queiran ver alí o partido do Dépor e animar ao equipo poidan facelo.

Na propia explanada de Riazor haberá tamén música para amenizar a xornada xa antes do partido, entre 15.00 e 18.00 horas, e despois do partido ata as 22.00 horas. O partido fronte ao Castellón, dentro dos play off nos que o Dépor loita polo ascenso a Segunda División, poderase ver integramente na pantalla xigante desde as seis da tarde.

Ademais, o Concello colabora tamén coa Federación de Peñas patrocinando dous buses, que levarán o logo do Concello, para facilitar os desprazamentos ata Castellón para animar ao equipo, que no primeiro partido obtivo un resultado favorable de un gol a cero.