miércoles, 14 de junio de 2023

A Ruada das Xoubas 2023: vintedúas citas para disfrutar do San Xoán nas rúas da Coruña


A noite da queima será o remate, pero antes de que todo arda as rúas da cidade herculina acollerán, entre o venres 16 de xuño e o vernes 23 de xuño, 25 actividades culturáis e de ocio, organizadas por outras tantas compañías coruñesas.

Talleres, concertos, teatro, obradoiros e todo o espíritu de San Xoan repartidos por toda a cidade , ao alcance da man.

A Coruña, mércores 14 de xuño de 2023.- 

Para que San Xoan arda, primeiro hai que prender o espíritu e acender a flama. E para iso, o mellor é encher as rúas coruñesas de maxia. Por iso, un ano máis, a cidade herculina arranca a súa particular peregrinaxe pola farándula, o ocio e a diversión ao Ruada da Xouba, unha semana completa de actividades para toda a familia repartidas por toda a cidade, dispostas a facer da previa de San Xoan todo un acontecemento.

Vincetinco citas diferentes , cada unha delas deseñada e desenvolvida por unha compañía cultural da cidade, que abranguen dende os obradoiros infantís até o teatro, pasando pola música en directo. Todo, meticulosamente plantexado para que, caia a que caia, nada enfangue a festa. Por iso as 25 actividades, plantexadas en espazos ao aire libre, contemplan tamén ubicacións alternativas a cuberto.

A festa comeza o vindeiro venres 16 de xuño, ás 18:00 horas, n os Xardíns de Méndez Núñez, e remata o venres 23 no Campo da Leña, pasando entre medias por Tabacos, Praza Elíptica, Praza de Vigo, Praza dos Avós, Praza das Bárbaras, Praza do Humor, Mariñeiros, Praza de Pablo Iglesias, Praza da Tolerancia, Santa Margarida, Azcárraga, Praza de Pontevedra, Novo Mesoiro, Cúpula de Eiris, Gaiteira, Pala vea, Oza e Vioño.

Unha veintena propostas coruñesas traballan da man para conseguir facer realidade este proxecto: Tigre de Papel, Peter Punk e Brais das Hortas, Caramuxo Teatro, Danthea Teatro, Pakolas, Ghazafelhos Teatro, Náufragos, Xampatito Pato, Elef ante Elegante, Pedras de Cartón, Baobab Teatro, Os contos de Pablísimo, Caxoto e Marc Taeguer, Medhi Beduin, Títeres Mircromina, Sempre Arriba!, Paco Nogueiras, A maga Fani e Martín Camiña, Artestudio Teatro, Pérez & Fernández, Compañía Mar Rojo Teatro e I nventi Teatro.