- A estrea absoluta de ‘As R(h)umorosas’ protagoniza a nova xornada do EMHU este mércores 3 de maio
Carmen Méndez, Marta Doviro e Ledicia Sola presentan o seu último espectáculo de comedia no Encontro Mundial de Humorismo na Coruña, no que bailan, cantan e ata recitan para, entre rumor e humor, recordar a algunhas das mulleres máis ilustres de Galicia
A Coruña, 3 de maio de 2023.- O Encontro Mundial de Humorismo chega ao ecuador da súa terceira edición este mércores 3 de maio en feminino da man das artistas Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro. As galegas presentarán no EMHU a estrea absoluta do seu novo espectáculo de comedia, As R(h)umorosas. O show poderá verse no Auditorio da Sede Afundación da Coruña ás 19:30 horas. Nesta proposta, Doviro, Méndez e Sola cantan, bailan e ata recitan, preguntándose que é o “que din as rumososas”. Así, entre rumor e humor, recordarán ás mulleres máis ilustres de Galicia. As últimas estradas para o espectáculo están dispoñibles a través da web www.emhu.es.
- O EMHU 2023 supera o seu ecuador
este xoves 4 de maio cunha nova estrea absoluta
con acento galego, a do espectáculo ‘Ansia viva’
O Encontro Mundial de Humorismo supera o ecuador da súa terceira edición este xoves 4 de maio cunha nova estrea absoluta con acento galego no marco do seu programa: trátase de Ansia viva, o último espectáculo do cómico Oswaldo Digón xunto ao músico Luis Tinaquero. O dúo achegará o show ao público ás 21:00 horas no Auditorio Sede Afundación.
Oswaldo Digón, co-director da Escuela de Impro Coruña, mestura o seu estilo de cómico stand-up coa súa dilatada experiencia como improvisador teatral, creando unha experiencia diferente en cada nova data. En Ansia viva estará acompañado do guitarrista coruñés Luis Tinaquero, quen porá música en directo a esta nova creación. O espectáculo fala con humor e liberdade da ansiedade, algo que todas e todos padecemos, cun formato de comedia novidoso para afrontar esta incerteza e preocupación. As últimas estradas para ver a peza están dispoñibles a través da web www.emhu.es.
- Tamén este xoves, 4 de maio, un chisco antes -ás 19:30 horas- no Teatro Colón, a Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) e o director artístico do EMHU, Luis Piedrahita, presentarán La banda sonora de nuestra risa.
E se detras duns retrousos que semellan sinxelos, aparecesen cancións reflexivas e reivindicativas? Baixo a dirección de Juan Miguel Romero Llopis, Piedrahita e a BMMC reinterpretarán, desde o humor, himnos xeracionais tan recoñecibles como Tengo un tractor amarillo, La vaca lechera ou La casita de papel, entre outros. Os convites están esgotados.
- Fin de semana no EMHU
Xa de cara á fin de semana, o venres 5 de maio, ás 19:30 horas, chegaralle a súa quenda ao arxentino Juan Barraza, quen presentará no EMHU a estrea en España do show Garabato controlado, unha peza sobre os límites da comedia na que o artista demostrará a súa poderosa enerxía sobre o escenario. En www.emhu.es aínda é posible adquirir entradas para ver este espectáculo que despois xirará por outras cidades da península.
Finalmente, a presentación do programa Showriano, da plataforma Movistar Plus+, o espectáculo La ruina, con Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes, e as galas Animus Iocandi e Fantastic Colofon -nas que participarán Ana Morgade, Carolina Iglesias, Eva Soriano, Leo Harlem, Luis PIedrahita, Pantomima Full e Sílvia Abril-, daranse tamén cita no programa desta segunda semana do EMHU 2023, que se pode consultar con todo detalle na páxina web oficial do festival www.emhu.es.