jueves, 27 de abril de 2023

Apertura da exposición ‘El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad’



A Coruña, 27 de abril de 2023.- O Encontro Mundial de Humorismo iniciará mañá, venres 28 de abril, a súa actividade coa apertura da mostra El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad, impulsada polo EMHU, o Instituto Quevedo de las Artes del Humor e o Concello da Coruña, e que forma parte da programación de actividades paralelas do evento humorístico, que se celebrará na cidade entre o 28 de abril e 7 de maio.

A exhibición, enmarcada na celebración do 50º cabodano de Pablo Picasso, ofrece a visión de 50 artistas (tanto do humor gráfico coma da escena) sobre a pintura do bombardeo histórico plasmado por Picasso, nunha das súas obras máis universais. Traballos de Mingote, Quino, Gallego y Rey, Atxe, Elena Ospina, PInto & Chinto, Siro López ou do propio director do EMHU, Luis Piedrahita, poderanse vistar até o 30 de xuño na Casa Museo Picasso. 

Do 28 de abril ao 30 de xuño na Casa Museo Picasso