● A presentación oficial do proxecto é hoxe martes 27 de decembro no
Círculo de Artesanos da Coruña ás 12:00 horas
● O proxecto consta de tres accións diferenciadas: fotografía documental nos sete
centros cívicos que celebran bailes na Coruña, retrato individual e impresión en
formato grande con pegada pola rúa de persoas con idades comprendidas entre
os 65 e os 93 anos
● O obxectivo principal desta iniciativa é achegar ao público en xeral as pautas
dun envellecemento lonxe da soidade e cheo de enerxía ao mesmo tempo que
amosar e dar valor a uns corpos infrarepresentados como suxeitos artísticos
● A mostra terá o seu epicentro nun circuíto expositivo pola rúa de San Andrés a
través dos escaparates dos locais que queiran participar e desde aí estenderase
por toda a cidade
A Coruña, 26 de decembro de 2022.- A fotógrafa e socióloga Sandra García Rey presenta no Círculo de Artesanos, o proxecto expositivo “Cando
Carolina Baila”, unha mostra fotográfica coa que artista quere difundir os valores do
envellecemento activo. O proxecto foi seleccionado na convocatoria de axudas á creación
para artistas individuais do Concello da Coruña. Trátase de enxalzar aos “nosos maiores”
sen condescendencia nunha campaña publicitaria de rúa, amosando a persoas
infrarepresentadas como suxeitos artísticos e que “deben formar parte do imaxinario
colectivo”.
As imaxes que forman parte da exposición non só transmiten ledicia, admiración, orgullo,
empatía e inspiración senón que reivindican os bailes dos centros cívicos como ferramenta
para manterse en forma tanto físicamente como mentalmente.
Amosan un envellecemento lonxe da soidade e da dependencia, cheo de enerxía, co
obxectivo de tecer pontes interxeracionais e descubrir se cadra que non hai tanta diferencia
entre os xeitos de lecer dunhas idades e outras. Unha perspectiva desta “realidade que
moitas persoas non coñecen e que pode animar a moitos e moitas maiores a socializar e a
compartir experiencias” segundo Sandra García que afirma que, durante o proceso deste
traballo, o equipo comprobou como en moitos casos os bailes funcionan “como terapia”,
establecendo relacións de axuda e motivación entre as persoas maiores ao tempo que
melloran a súa condición física.
Con estas imaxes de persoas con idades comprendidas entre os 65 e os 93 anos a autora
tamén quere contar como van mudando os comportamentos ao chegar a esta etapa vital e
nun contexto social menos restritivo que o que estas xeracións viviron na súa mocidade.
“As persoas que asisten aos bailes de maiores nos centros cívicos acoden con enerxía,
felices de partillar con amigas, amigos, parellas ou eventuais amantes e dispostos e
dispostas a ofrecer a sua mellor versión. Nestes eventos existen códigos propios e reglas
non escritas, e así como practican coreografías dignas do far west todos a unha, quedan
sentados cando se trata de bailar unha de ‘namorados’ se non o están”, explica García que
descubriu esta realidade fai uns anos a través do seu traballo como fotógrafa o que, xunto
co recordo dunha tía avoa que sempre tivo patróns moi distintos dos que acotío asociamos
coas persoas maiores, fixo que reflexionara sobre os distintos xeitos de envellecer.
“Cando Carolina Baila” consta de tres accións diferenciadas, resultado dunha experiencia
documental a través dos sete centros cívicos da Coruña que levan a cabo bailes cada
semana, onde a fotógrafa buscou ás persoas protagonistas desta exposición. Esta primeira
fase do proxecto, que serviu como casting, conta a través das imaxes os bailes que se
celebran na cidade.
Na segunda fase, leváronse a cabo as fotografías da mostra, realizadas no contexto dun
baile específico ademais dun retrato individual de cada unha das personas que forman
parte dela, seleccionadas pola súa capacidade de transmitir o espíritu positivo destas
actividades lúdicas.
A terceira e última fase do proxecto xira arredor da pegada da obra nos escaparates na
contorna da Rúa San Andrés: composicións en forma de tríptico (dous retratos e un baile)
impresas en formato grande. En palabras de Sandra García, “a intención é formar un circuíto
expositivo que se pode percorrer tanto camiñando como desde, por exemplo, o bus”. Desde
este epicentro, a mostra estenderase por rúas de toda a cidade da Coruña ata o día 7 de
xaneiro.
Os locais que queiran unirse ao proxecto deben escribir un correo electrónico a
candocarolinabailaexpo@gmail.com para que unha persoa da organización se achegue ao
local e se encargue de pegar as fotografías no escaparate.
“Cando Carolina Baila” é un proxecto financiado polo Concello da Coruña a través das
axudas á creación artística para artistas individuais empadroados na Coruña.
Emocións que transmite o proxecto
Ledicia: as fotografías amosan ás persoas maiores bailando e disfrutando da vida, o que
pode xerar una sensación de ledicia, felicidade e satisfacción.
Admiración: o feito de que as persoas maiores sigan activas e disfrutando da vida pode
xerar admiración e respeto no público.
Orgullo: as persoas maiores que aparecen nas fotografías poden sentirse orgullosas de sí
mesmas e do seu xeito de vivir.
Empatía: as fotografías poden xerar empatía e conexión emocional coas persoas maiores
retratadas.
Inspiración: o feito de ver ás persoas maiores bailando pode inspirar a outras a seguir
gozando da vida e a non limitarse pola idade.
Sandra García Rey
“Cando Carolina Baila” é un proxecto artístico de Sandra García Rey, licenciada en
Socioloxía pola Universidade da Coruña e Licenciada en Comunicación Audiovisual pola
Universidade da Coruña. Ademáis é fotógrafa e produtora audiovisual. Na súa etapa como
fotógrafa do Concello da Coruña, entre 2015 e 2019, entrou en coñecemento da
importancia que estes bailes teñen para este grupo de idade e por iso decidíu que era
preciso retratalos e dar a coñecer a súa experiencia.