Neste 25 de novembro, día Internacional para a Non violencia contra as Mulleres e as
Nenas, a Plataforma Feminista Galega e a Marcha Mundial das Mulleres da Coruña
sairemos ás rúas para manifestar un ano máis o noso rexeitamento contra as violencias
machistas, contra todo un sistema patriarcal que segue a querer someter ás mulleres,
invadindo todos os ámbitos da nosa vida.
Facemos un chamamento á participación nesta marcha, que partirá ás 20h do
Obelisco, chegará pola rúa Compostela ata o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e
pola rúa Fontán rematará a mobilización na Delegación do Goberno.
Co lema unitario “contra a violencia machista, revolta feminista” agardamos encher as
rúas da cidade nunha data tan sinalada para o feminismo.