jueves, 15 de septiembre de 2022

El escritor Rodrigo Costoya regresa a Coruña para falar da cidade medieval e facer o primeiro tramo do Camiño Inglés


- O autor compostelano estará o sábado 17 no Monty Ambigú ás 12 da mañá con entrada libre

- O domingo 18, entre as 10 da mañá e a 1 da tarde realizará un roteiro guiado polo primeiro tramo do Camiño Inglés, partindo da Iglesia de Santiago

- O autor da triloxía de novela histórica formada por Portosanto, O Custodio dos libros e Misarela é un apaixoado da historia medieval da cidade da Coruña e de Compostela, así como do Camiño de Santiago que ten realizado en máis de 20 ocasións

Rodrigo Costoya regresa á Cidade da Coruña tras presentar na Feira do Libro a súa novela "Hijos de Gael" con editorial Espasa. Nesta ocasión compartirá unha charla con entrada libre no Monty Ambigú o sábado 17 ás 12 da mañá para falar da Coruña na etapa medieval e os motivos dos peregrinos para visitar a cidade naquela época. As persoas asistentes poden preguntar e compartir os seus coñecementos.

Ao día seguinte, o domingo 18 ás 10 da mañá, convida a quen o desexe a sumarse a un roteiro guiado polo primeiro tramo do Camiño Inglés, partindo da Igrexa de Santiago e chegando á outra Igrexa de Santiago, a do Burgo. Serán unhas 3 horas parando en diversas ocasións para explicar detalles curiosos e historias que se atopan nas súas novelas, nas que tanto A Coruña como Compostela teñen protagonismo.