jueves, 18 de agosto de 2022

A galega HYDN entre os 12 favoritos de "Eurovisión-Spain"


A galega hydn prepara o seu camiño ao Benidorm Fest, tras quedar de segunda no voto dos socios de Eurovisión Spain e undécima na súa popular enquisa anual.

Un ano máis, o sondeo popular de Eurovisión-Spain.com consultou ao público español sobre os seus representantes ideais para Eurovisión 2023. Enquisa da cal saíron gañadoras as Tanxugueiras o ano pasado.

Este ano, de entre 736 propostas finais, a galega hydn colouse nos 100 artistas de La Elección Interna, situándose no TOP 12 de favoritos nas votacións diarias e acabando de finalista no posto 11, como única galega, e xunto artistas da talla de Lola Índigo, Guitarricadelafuente, Petazeta, ou da gañadora do Goya María José Llergo.

"É totalmente surrealista que unha artista tan emerxente coma min, autoxestionada e autofinanciada, chegara ata aquí entre tantes artistas e tan coñecides" - declara hydn-.

"O apoio que recibín é incrible, descubriume un montón de xente e grazas a eles cada vez vexo máis posible o poder chegar ao festival".

E é que a artista xa está a preparar a canción, ou cancións, que quere presentar ao Benidorm Fest - "Estamos a xogar con distintos xéneros e pode que envíe dúas propostas un pouco diferentes entre elas."

Aínda non sabes quen é hydn?

Precursora do galenglish, hydn é a primeira persoa en utilizar o galego e o inglés para expresarse musicalmente. Co obxectivo de, aparte de expresarse nos idiomas que máis cercanos sinte, chegar a xente que, tal e coma ela di, "non sabe nin da existencia do galego".

Introducíndonos nun completo mundo de fantasía e creando unha personaxe con historia propia, hydn crea o que define coma main character music.