31 de maio do 2022. - Hoxe, mércores 1, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña comezará ás 16h30 na Sala (S8) Porto coa estrea mundial de Frame manoeuvres to port, de Bruno Delgado Ramo. A peza foi producida a través das Residencias Artísticas Internacionais de Creación Cinematográfica – BAICC, que o (S8) realiza en colaboración con Acción Cultural Española (AC/E) e o LIFT-Liaison of Independent Filmmakers of Toronto. A convocatoria desta edición estará aberta ata o vindeiro 12 de xuño para a recepción de traballos que queiran formar parte dunha selección para participar nesta residencia para a produción dunha peza audiovisual rodada en formato analóxico (35mm, 16mm, 8mm ou super 8) en Toronto (Canadá) e en A Coruña.
A xornada rematará ás 20h30 coa proxección do segundo programa da obra da creadora berlinesa Ute Aurand na Sala (S8) Porto, esta vez arredor da idea de comunidade e compaña e presentado pola propia cineasta. O amor, a amizade, a calor humana, os coidados, as experiencias compartidas. O público poderá ver dúas das súas películas-retrato: Bärbel und Charly (1994), sobre unha parella de amigos, e Renate (2021), retrato da cineasta Renate Sami. Tamén Halbmond für Margaret (2004) ou Der Schmetterling im Winter (2006), feita en colaboración con Maria Lang, unha película que aborda dun xeito delicado e sinxelo a mortalidade humana.
A partir das 18h30, tamén na Sala Porto, o (S8) acollerá o programa Un espazo mental, composto por unha serie de películas que inciden na idea da sala de cinema como lugar para concentrarse a través de filmes que inducen á creación dun espazo mental no que só exista o aquí e o agora do que se proxecta. A sesión está pensada como unha sorte de percorrido na que se poderán ver obras de Blanca García, Jordan Belson, Azucena Losana, Erica Sheu, Ojoboca, Sergio Subero, Malena Szlam ou John Price.
A xornada rematará ás 20h30 coa proxección do segundo programa da obra da creadora berlinesa Ute Aurand na Sala (S8) Porto, esta vez arredor da idea de comunidade e compaña e presentado pola propia cineasta. O amor, a amizade, a calor humana, os coidados, as experiencias compartidas. O público poderá ver dúas das súas películas-retrato: Bärbel und Charly (1994), sobre unha parella de amigos, e Renate (2021), retrato da cineasta Renate Sami. Tamén Halbmond für Margaret (2004) ou Der Schmetterling im Winter (2006), feita en colaboración con Maria Lang, unha película que aborda dun xeito delicado e sinxelo a mortalidade humana.
Alén disto, a Mostra continúa coa súa programación online dispoñible en www.s8cinema.com ata o próximo 27 de xuño. Desta xeito, a programación presencial compleméntase con Ultreia et Suseia, un monográfico de cinema galego formado por entrevistas que o (S8) lles fixo en exclusiva a cineastas como Carla Andrade, Diana Toucedo, Helena Girón e Samuel Delgado, Xisela Franco, Tono Mejuto, Xiana do Teixeiro, Alexandre Cancelo e Berio Molina, e pensada para a súa promoción internacional, con subtítulos en galego, castelán e inglés.