miércoles, 4 de mayo de 2022

Sada consolida o "Touliña Pop" nos festivais de primavera


O venres 7 de maio volta o Touliña POP, un festival que achega a Sada o espírito da década dos oitenta, cando o municipio atraía a numerosos grupos e supuña un referente do lecer para toda a comarca. O proxecto musical Touliña conta co respaldo do Concello de Sada e de numerosos amigos para impulsar un certame que aseguran que "responde plenamente á música e cultura rock & roll en todas as súas variantes; á máis pura, xerminal e independente". 

O festival celebrarase nunha única xornada e ten como principal obxectivo atraer público a Sada e que os residentes o disfruten como en anos anteriores. "Queremos que sexa a avanzada dos festivais de verán e aproveitar o cambio estacional", explica Koke Carpente o organizador, que remarca que o que busca é "eludir a masificación dous eventos do verán", xa que é aí cando se concentran as citas festivas, desde as festas patronais a eventos como a Feira Modernista. 

O Touliña POP comezará, a partir de unha da tarde, cunha sesión vermú na zona do porto, co concerto de Los Wavys Gravies ás 13:00 horas. 

A partir das 17:00 na zona da Praia das Delicias prográmase música e ambientación de rúa e que supón un atractivo máis para un evento que aínda que vira ao redor da música busca atraer a todo tipo de público. 

Ás 17:00 coa sesión da malagueña Susana Pose DJ e ás 19:00 co grupo londinense MFC Chicken

Pola noite haberá concertos na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo, nos que actuarán os grupos:

El señor que te molesta - Madrid(22:00)
The Pewees – Italia(23:00) 
Nuevo catecismo Católico – País Vasco(00:00)
The Cynics – USA (01:00).