A Asociación Veciñal de Eirís ven de presentar ALEGACIÓNS ó ESTUDO de
AVALIACIÓN AMBIENTAL que presentou recentemente a Xunta Galicia.
O documento da Xunta está feito á medida do que pretenden xustificar. Un monstruo de formigón o doble de grande que o actual, e rodeado de viáis en altura no alto
dun monte.
Montruo que levará por diante 28 vivendas, restos arqueolóxicos, a Lagoa do Parque de Eirís e
parte do Propio parque, fontes, árbores,... que ameazará o alto a quen mire dende boa parte da
comarca, nomeadamente dende Santa Cristrina.
E todo enmascarado nun procedemento “SIMPLE” que acurta o proceso para evitar ter que
cumplir coa lexislación vixente.
E finalmente aprobarán o contrario do anunciado: Nin humanizar nin dar accesibilidade, nin
hospital novo.
Na proposta hai 2 imaxes significativas:
A como vai quedar o CHUAC , e a de como vai qudar o vial que da cara a avenida da Pasaxe.
Da a sensación de que non se atreveron a mostrar todo xunto, o monstruo de formigón no seu
máximo explendor
Cada día con máis razón, NOVO CHUAC SI, PERO NON ASÍ, NON AQUÍ !
As imaxes saen deste documento: https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/