lunes, 30 de mayo de 2022

Hoxe 30 de maio, ás 20:00 horas, no Circo de Artesáns de A Coruña, celebrarase unha charla coloquio sobre a lei de eutanasia e o testamento vital


A LORE (Lei Orgánica de Regulación da Eutanasia), do 24 de marzo de 2021, leva algo máis dun ano vixente.

Os obxectivos da charla coloquio son:

- informar sobre este novo dereito, a eutanasia, o seu procedemento e salientar a importancia do documento de instrucións previas (o chamado testamento vital).
- revisar a aplicación da mesma, posibles problemas no seu desenvolvemento.

Acto: Charla coloquio sobre a eutanasia e o testamento vital
Lugar: Circo de Artesáns, r/ San Andrés 36, A Coruña
Hora : 20:00

Relatores:
- Miguel Anxo García Álvarez, presidente da dmd Galicia (dereito a morrer dignamente-Galicia). 
- Ramón Veras Castro, médico de familia e voceiro de SOS Sanidade Pública A Coruña. 

Organizan: dmd Galicia e SOS Sanidade Pública Coruña