miércoles, 27 de abril de 2022

O XXIV Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM aportará 2 bandas galegas ao Festival Noroeste. Superadas as 50 inscricións


CUAC FM XA RECIBIU MÁIS DE 100 CANCIÓNS NO XXIV CONCURSO DE BANDAS E SOLISTAS

* O prazo para presentarse finaliza o 13 de maio
* Poden presentarse bandas e solistas de todo o estado español
* Duas bandas galegas actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia
* Créase o Premio Eva Coyote para bandas de A Coruña


A falta de 20 días para a finalización do prazo de inscrición xa se recibiron 55 proxectos musicais no concurso que anualmente convoca a Radio comunitaria de A Coruña, CUAC FM 103.4 para bandas e solistas de todo o estado. Son 24 xa as edicións organizadas pola radio do Campus de A Zapateira.

Co financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de A Coruña o concurso ofrecerá premios a un total de 5 bandas. O requisito para poder presentarse é ter editadas un máximo de 15 cancións e o prazo para facelo finaliza o 13 de maio. As bases e o formulario de inscrición están na web cuacfm.org 

O concurso divídese en duas fases. A primeira para Bandas e solistas galegos da que sairán duas gañadoras que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia e a segunda, xa para proxectos de todo o estado Español do que sairán as propostas finalistas na Batalla de Bandas que se celebrará o día 22 de outubro na sala Mardi Gras, disputándose 1700 euros en premios. 

Como novidade nesta edición, créase o Premio Eva Coyote, en homenaxe á artista e organizadora de concertos, técnica de son... Eva Piñeiro, que faleceu en 2021. Este premio é exclusivo para bandas ou solistas locais, está dotado con 800 euros e será para a banda ou solista coruñés que máis votos obteña, excluindo aqueles que xa fosen premiados tanto na primeira fase como na Batalla de Bandas.