● 3 temas nos que explora o seu mundo interno e unha mesma
temática: o síndrome do impostor.
● O punto de partida dun dos proxectos máis prometedores da escena
indie galega.
A Coruña. 21 de abril de 2022.
A artista coruñesa Audrä ven de publicar o primeiro EP do seu novo percorrido
musical. Unha etapa na que aposta por un son máis rico en matices, cun
excelente traballo de produción da man de Iago Blanco, en Drum&Roll Studios
(A Coruña).
Tras os dous primeiros adiantos (“Underground” e “4AM”), pecha o círculo co
lanzamento de “All The Things I Keep Underground”. 3 temas nos que explora o
seu mundo interno e unha mesma temática: o síndrome do impostor.
Estamos ante un dos proxectos máis fascinantes e prometedores da escena
indie galega, cunha gran acollida por parte de público e prensa especializada;
falaron do seu traballo en múltiples medios como: “Zona Zero, de RTVE; “Ondas
Indies”, da Radio Galega; “Zigzag”, da TVG... e outros medios dixitais como “Yo
también soy indie” ou “Solofolar”, entre outros.
Proximamente anunciará as primeiras datas da xira de presentación e tamén
podemos avanzar que cerrará este 2022 con novas cancións.
Podes escoitar “All The Things I Keep Underground” nas principais plataformas
de streaming: Link ao Ep en Spotify