Dende as 12:30 as cómicas Marga Lago, Izquierdo Sisters (Marita Martínez
e Lucía Veiga) e Diana Sieira ofrecerán o seu arte en solidariedade con esta
protectora de animais adicada aos amigos felinos.
No evento colabora a República Mardi Gras e a entrada son 5€ solidarios
íntegros para Gatuchinos, que xestiona 3 colonias felinas de gatos de rúa,
controladas mediante CES (Captura Esterilización e Solta) de cara a limitar a
súa reproducción, ademáis de alimentalos e coidar da súa saúde. Tamén se
fai cargo de gatos domésticos atopados na rúa, en casas de acollida, que
poden optar a seren adoptados.
Así, nos sumamos aos actos dos 8M reivindicando a comedia femenina e,
coma sempre, o amor aos gatuchinhos aos que queremos axudar no que nos
sexa posible.
A finais do pasado ano, algúns gatos das colonias especialmente enfermos obligaron a capturalos
para o seu tratamento e, nalgúns casos, seren operados, po isto Gatuchinhos organiza este evento de
cara a recuperar as arcas da asociación, pois os gastos extraordinarios orixinados por eses michiños
deixaron as capacidades da asociación moi limitadas.
Un deses gatos é Robertito, que naceu na rúa hai 4 anos, e
viviu sempre onde a Torre de Hércules. Non coñece outra
vida e tivo que facerse desconfiado cos humanos, incluso cos
alimentadores da colonia. É o que chamamos un gato feral,
dos que se “apañan” na rúa porque non lles queda outra.
Ata que un día a súa alimentadora habitual viuno ferido e
alertou aos demais. O diagnóstico non era nada alentador:
mandíbula rota, ollo rebentado e unha colonia enteira de
carrachos vivindo nel.
Fíxose cerclaxe na mandíbula, enucleouse o ollo, castrouse,
desparasitouse a fondo e agora está en proceso de
recuperación, esperabamos que tamén en proceso de
"desilvestrado" pero non tivemos esa sorte: Robertito non é
nada sociable.
Non é un gato adoptable, porque non se sinte cómodo nun
entorno pechado. Queremos que estea o máis recuperado
posible antes de volver á colonia e que os alimentadores lle
intenten prestar a maior atención posible por se xurden
problemas.
Isto é tamén parte diaria do voluntariado. Procurar coidados e facerlle a vida un pouco máis doada a
animais que non podemos sacar definitivamente da rúa porque tampouco serían felices fóra dela.
Ogallá todos se afaceran á vida caseira, porque cada día na rúa é un día que lidian co perigo dos
coches, coa intemperie, coa mala xente, cos parasitos, accidentes e enfermidades. Pero ao final son
eles os que deciden: uns cambian con gusto a liberdade de movementos polos mimos e cama
quentiña, e outros saen bohemios, rueiros, ceibes de alma e de pensamento.
Esta outra é Camila Pelazo, que sí que é unha gata caseira e
estivo maliña cunha infección respiratoria causada por
mycoplasma. Camila dounos un bo susto. Houbo nervios,
choros e sobre todo moita preocupación pola pequena.
Resulta que tivo un
derrame pleural e houbo
que drenarlle un dos
pulmóns. Estivo bastante
peor, pensaban que ía
morrer, pero os antibióticos, e os mimos e coidados que llee
deron os veterinarios fixeron milagres!
Agora está nunha casa de acollida pero xa está está recuperada e
lista para ser adoptada!
Os voluntarios que a coñecen chámana Lupe,
Calcetines ou simplemente “a pedichona” porque non
cala, sempre está miañando para que lle fagas caso e
apañar uns mimiños. Esterilizouse xa hai tempo e
soubo gañarse a amizade doutras gatas que ó principio
non a aceptaban.
Neste intre estamos tentando salvarlle a vida, xa que
ten unha infección por hemobartonella (unha bacteria
que parasita o sangue causando anemia e que nos gatos
da rúa custa detectar a tempo) que estamos combatindo
con antibióticos e ferro. Tamén ten unha insuficiencia
renal que non sabemos se é crónica ou se é causa da
infección e estamos tratando con Semintra.
En principio estará en coidados intensivos un mes e
despois faranse máis probas para valorar o estado de
saúde.
Todas as probas, medicamentos, comida e suplementos
especiais, incluso os empapadores da gaiola e produtos
de limpeza por desgraza custan cartos...
Datos do Evento:
Lugar: Sala Mardi Gras (Tr.a Torre, 8, 15002 A Coruña)
Data: Sábado 12 de marzo
Hora: 12:30h
Prezo: 5€ (entrada solidaria)
Actúan: Marga Lago, Izquierdo Sisters (Marita Martínez e Lucía Veiga) e Diana Sieira
Reserva de entradas: eventosgatuchinhos@gmail.com