jueves, 17 de marzo de 2022

A Deputación conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo poético sonoro


 Baixo o título ‘Máis Alálá’, o músico Alejandro Vargas e o escritor e perfomer Xelís de Toro ofrecen unha proposta poético sonora performática inspirada no libro ‘De catro a catro’ de Manoel Antonio

Terá lugar do Teatro Colón, o luns 21 de marzo ás 20:30h, e a entrada é de balde previa retirada de convite

A Coruña, 17 de marzo de 2022. A área de Cultura da Deputación da Coruña conmemora o Día Mundial da Poesía cun espectáculo baseado na obra de Manoel Antonio. Terá lugar o luns 21 ás 20:30 no Teatro Colón baixo o título ‘Máis Alalá’ e correrá a cargo do músico Alejandro Vargas e do escritor e performer Xelís de Toro. A entrada para asistir a este espectáculo é de balde, previa retirada de convite na páxina web do Teatro Colón.

 

‘Máis Alálá’ está concibido como un proxecto poético sonoro performático inspirado no poemario ‘De catro a catro’ de Manoel Antonio e o título é unha recreación do título do manifiesto literario ‘Máis Alá’ que Manoel Antonio realizou xunto con Álvaro Cebreiro en 1922.

 

Partindo dos 19 poemas do libro ‘De catro a catro’ os artistas crean un sinxelo programa informático para transpoñer as letras dos poemas a números e posteriormente a notas musicais. Isto permítelles traballar cun banco de palabras e cun banco de notas musicales nos que o azar forma parte da proposta escénica.