*Será este xoves 24 de febreiro dende ás 19:30 horas con entrada libre ata completar aforo.
* Monty 4 está na rúa Montroig 4, por Orillamar
* O evento estába previsto en decembro e tivo que ser aplazado pola sexta ola da Covid19.
O autor compostelano Rodrigo Costoya está de celebración. O pasado mes de decembro chegou por fin ás librarías galegas a súa novela Misarela, editada por Galaxia, no idioma no que foi escrita orixinalmente. Esta obra gañou o XI Premio Internacional Cidade de Úbeda e foi editada en castelán baixo o título de El custodio de los libros (Ed. Pámies) e alcanzando en poucos meses tras a súa edición tres edicións. Ademáis diso, esta mesma semana comezou a distribución da quinta edición da súa primeira obra, Portosanto (Ed. Toxosoutos), na que ficciona a vida dun neno que toda a humanidade coñeceu como Cristóbal Colón e que naceu nunha aldea a carón de Pontevedra, no actual Concello de Poio, na aldea que da nome a novela e onde se atopa a Casa Museo Cristóbal Colón. Non tardará moito en chegar a obra que pecha esta triloxía titulada "De luz e de tebras".
Este xoves 24 retomará unha actividade prevista para o nadal na cidade da Coruña. A Galería multidisciplinar Monty 4 na rúa Montroig, en Monte Alto, acollerá unha divertida proposta. Un brinde teatralizado baixo o título de "A Coruña Medieval". Pódese asistir con disfraz ou sen el e a entrada é libre ata completar aforo. O autor exporá dun xeito desenfadado historias que sucedían na vila coruñesa alá polo século XV, como a creación da biblia Kennicot que aparece en Misarela. Tamén haberá sinatura de libros que se poden levar de casa ou mercar durante o evento. Un brinde antes do entroido coa literatura histórica como pretexto. O evento comeza ás 19:30 e prolongarase ata ás 21 horas.