Nota de prensa da ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS
Plataforma de afectadas
pola ampliación do CHUAC
XUNTA E CONCELLO AVANZAN COA AMPLIACIÓN DO
VELLO CHUAC:
A Plataforma de afectadas pola ampliación do VELLO CHUAC reuníuse tralas
entrevistas mantidas co director da Axencia Galega de Infraestruturas, nas que se confirmaba
que o número de vivendas afectadas polo plan da Xunta de ampliar o CHUAC chega a agora
a 27 (e non as 19 que Xunta e Concello levan 2 anos dicindo).
Trátase de 2 vivendas na rúa Inés Debén, 3 na Avenida da Pasaxe, 8 en Curramontes e
14 no Castaño de Eirís. 27 vivendas, arredor de 100 persoas que quedarán sen fogar.
É a primeira vez que estas persoas reciben información directa por parte da administración
dende que hai máis de 2 anos o Presidente da Xunta anunciara que renunciaba a facer un hospital
novo para A Coruña e que ían ampliar o Vello CHUAC pero poñendolle un cartel que dixese que era
novo. 2 anos nos que a veciñanza afectada e o barrio traballaron man a man para dar a coñecer á
cidadanía o que ía acontecer.
Na xuntanza, ademais de poñer en común o falado nas entrevistas individuais que
mantiveron nos Novos Ministerios acordaron seguir loitando contra o derrubo das súas vivendas,
e contra a decisión arbitraria que hai por detrás:
- Partíase de máis de 400 millóns de euros, pero a cifra xa é incalculable, posto que segundo
anunciou a Conselleira Ethel Vázquez permitirán que suba coa subida de prezos dos materiais. E
todo para seguir ampliando un hospital sobre un esqueleto (o vello CHUAC) que leva anos
mostrando que está vello, e que o que se precisa para esta cidade e a Área Sanitaria A Coruña-
CEE é un hospital novo, accesible, nun espazo aberto e con posibilidades de futuro.
- Xunta e Concello avanzan nese proxecto abocado ó fracaso, negándonos a posibilidade de ter
unhas instalacións sanitarias novas, xogando co futuro e os cartos de toda a contorna, e arrasando
novamente con parte do barrio de Eirís.
NOVO CHUAC SÍ, PERO NON ASÍ!!
MENOS CEMENTO E MÁIS PERSOAL!!
A CORUÑA MERECE UN HOSPITAL NOVO!!