jueves, 27 de enero de 2022

25 anos de radio comunitaria: un aniversario de cine para CUAC FM


 

O xoves 10 de febreiro estrease a nivel mundial no Teatro Colón de A Coruña o documental “Nada que Ver”, dirixido polo cineasta Iago Prada, que versa sobre os 25 anos de traxectoria de CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña.

A estrea terá lugar ás 20:30 horas e contará coa presentación dos humoristas e actores Lucía Veiga e Víctor Grande, ambos ex-locutores de CUAC FM. A organización promete sorpresas, alfombra vermella e photocall.

A Coruña, xoves 27 de xaneiro de 2022.-

Cumprir un cuarto de século ao servizo da comunidade non é pouca cousa, e CUAC FM, a radio comunitaria de A Coruña, sábeo moi ben. E por iso este vindeiro 10 de febreiro a emisora conmemora 25 anos de traxectoria coa estrea de “Nada que Ver”, o documental que recolle a traxectoria da emisora, dirixido por Iago Prada.

O Teatro Colón será o espazo que acollerá esta estrea, cuxas entradas están xa á venda en Ataquilla (2€ + 0,5 de gastos de distribución), e, facendo honor ao espíritu comunitario da emisora, cunha fin benéfica: os cartos recaudados destinaranse á Cociña Económica de A Coruña.

CUAC FM convida á toda a cidadanía coruñesa a participar deste acto, que pretende servir coma reencontro de moitas persoas que formaron parte das diversas etapas da vida da emisora.


“NADA QUE VER” UN DOCUMENTAL SOBRE CUAC FM

CUAC FM 103.4, a Radio Comunitaria da Coruña, cumpliu xa os 25 anos de vida. Recoller unha historia de tantos anos en menos dunha hora que dura o documental “Nada que ver” é a tarefa á que se enfrentou Iago Prada, o director desta peza audiovisual.

A cinta tenta amosar o que supón para moitas persoas e colectivos a oportunidade de comunicar a través dos seus programas de radio múltiples temáticas nun Medio comunitaria. Son xa 480 os programas que pasaron pola emisora, e a iso debemos engadir as múltiples actividades que realiza a nosa asociación fora do Estudio José Couso.

Dende CUAC concebimos esta peza audiovisual coma unha homenaxe, non so ás persoas que fixeron radio connosco durante estas dúas décadas e media, senón tamén ao resto das radios e televisións libres e comunitarias.

Uns medios que levan garantindo o dereito a comunicar da cidadanía durante máis de 40 anos sen contar coa protección e impulso que merecen e que teñen na inmensa maioría dos paises do noso entorno. Así, os medios de comunicación comunitarios están defender novamente o seu futuro, a través da tramitación parlamentaria da nova Ley General de Comunicación Audiovisual.


APOIOS INSTITUCIONAIS

O documental está subvencionado pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello da Coruña que cede o Teatro Colón para o evento.