O día 10 de novembro publícase en tódalas plataformas dixitais A do faro, sinxelo de Pava, o primeiro proxecto musical en solitario de Lucía Aldao. Un traballo sen prexuízos que chega para aportar novos aires e valores no panorama musical patrio.
O adianto de Pava é unha canción inspirada pola apertura do Faro de Oza á cidadanía coruñesa e canta, por extensión, a todo aquilo que está nas mans de quen o coida.
Xunto co resto do álbum, gravouse en Berlín con Diego Delgado aos mandos da produción e do deseño.
Como di Lucía “Os camiños da creatividade non son inescrutables, simplemente están cheos de esforzos que ás veces non podemos asumir por múltiples motivos -os de dentro e os de fóra-. Ata que podemos.”
O videoclip, dirixido por Diego Delgado e que será presentado en exclusiva para Youtube o día 9 de novembro as 20:00, está gravado na contorna do Faro de Oza.