Sonidos Mans Salas é un concurso de bandas emerxentes organizado pola Fundación Paideia Galiza e Estudios
Mans coa colaboración da Deputación da Coruña.
O grupo gañador gravará un EP e videoclip en Estudios Mans e presentará o seu traballo en directo. A artista Catuxa Salom, gañadora do segundo premio, gravará un tema e o seu videoclip en Estudios Mans.
A final do concurso realizouse no Espazo Mans, un pequeno escenario no marco do Festival de la Luz polo que durante todo o sábado 11 de setembro pasaron os grupos finalistas.
A Coruña, 13 de setembro 2021
The Rapants alzouse co primeiro premio e Catuxa Salom co segundo no concurso de bandas galegas emerxentes
Sonidos Mans Salas, un certame organizado pola Fundación Paideia Galiza, a través de Estudios Mans, e coa
colaboración da Deputación da Coruña. A enerxía da banda inundou o Festival de la Luz, marco no que se realizou a
audición final do concurso. The Rapants faise así co primeiro premio que a leva a gravar un EP e un videoclip en Estudios
Mans e a presentar o seu traballo en directo nunha sala de recoñecido prestixio en Galicia. A artista Catuxa Salom, segunda
clasificada, gravará tamén un tema e o seu videoclip en Estudios Mans.
The Rapants son unha banda de surf, garage e indie formada en Muros (A Coruña). O seu obxectivo é facer bailar ao
público sen prexuízos e gozar da música. As súas influencias de bandas como Terbutalina ou Novedades Carminha,
déixanse ver no seu traballo, con letras en galego e castelán. Por outra banda, Catuxa Salom é unha moza que busca traer
os sons da aldea e mesturalos coa música electrónica para crear unha atmosfera hipnótica.
O xurado estivo formado por 3 programadores dalgunhas das salas de concertos máis recoñecidas do panorama galego:
Noe Vázquez (A Arca da Noe), Miguel Lueiro (Sala Sónar) e Marcos Vázquez (Fábrica de Chocolate Club). Nesta edición,
Sonidos Mans Salas contou coa inscrición de 59 participantes chegados de todo o territorio galego, sendo Soulwide,
Catuxa Salom, Natalia Kendra And The Blue Grapes, Allova, The Rapants as bandas e solistas escollidas para
participar na audición final celebrada o pasado sábado 11 de setembro no Espazo Mans do Festival de la Luz en Boimorto.
Fundación Paideia Galiza e o seu apoio ao emprendemento musical
Esta edición do concurso Sonidos Mans Salas continúa co traballo a prol do desenvolvemento de novos proxectos
musicais sostíbeis, e súmase ás diferentes accións que a Fundación Paideia Galiza desenvolve, baixo o seu eixe de
emprendemento, para fomentar a actividade artística e musical poñendo ao servizo dos emprendedores as ferramentas
necesarias para visibilizar e profesionalizar os seus proxectos. Entre as diferentes actividades desenvolvidas a través de
Estudios Mans, o estudio de gravación da Fundación Paideia Galiza na cidade da Coruña, destacan actividades de
formación, así como a promoción e gravación de artistas noveis.