lunes, 20 de septiembre de 2021

Charla e visita guiada ao MUNCYT con Emma López-Bahut


 

"O espazo como material común da arquitectura e da arte".

Dentro da Noite europea das persoas investigadoras, coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, preséntase a charla e visita guiada con Emma López-Bahut, Doutora Arquitecta e Profesora Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.

A actividade ten como obxectivo dotar aos participantes dun novo punto de vista da arquitectura que lles permita comprender mellor os edificios, aínda que non sexan expertos. Mostrarase como entender o espazo como material da arquitectura e a súa aplicación práctica no propio edificio do MUNCYT, un exemplo radical de arquitectura que traballa co espazo e as formas plásticas propias da escultura abstracta, a modo dunha gran escultura habitada.

MUNCYT, Venres 24 setembro, 19.30 h. 
Presencial, con reserva previa en reservascor@muncyt.es ou no teléfono 689 578 727.