O acceso ás actividades do festival será gratuíto previa reserva de entrada en www.diversidartefestival.gal
01.09.2021.
A Sede Afundación A Coruña acollerá a sección de cine, DiversimaCine, da
sexta edición de DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas, que se celebrará do 3 ao 18
de setembro, organizado como cada ano pola Plataforma DiversidArte, ferramenta de
inclusión a través da arte da organización sen ánimo de lucro Poten100mos.
A sección concurso DiversimaCine abrirá este ano a programación do festival o 3 de
setembro cunha sesión de cine social na que se proxectarán na Sé Afundación A
Coruña os curtametraxes seleccionadas para concursar na categoría de ficción. A
sesión documental terá lugar o 10 de setembro tamén na Sede Afundación.
A convocatoria deste ano de DiversimaCine, mediante a que se seleccionaron as pezas
audiovisuais que se verán durante o festival, recibiu 625 curtametraxes: 433 de ficción
e 192 documentais, de máis de 70 países de todo o mundo, dos que foron
seleccionados 14 que serán proxectados e que participarán no concurso. Os títulos xa
están publicados tanto na web da Asociación Poten100mos (www.poten100mos.org) como na do festival (www.diversidartefestival.gal). Completan o programa dous
talleres para as persoas máis pequenas da casa: un de musicoterapia ao que tamén
poden asistir maiores, dirixido por Ana Gutiérrez, musicoterapeuta de Orquestas
Inclusivas de Andalucía; e outro de creatividade a través do reciclaxe de cartón «Os
troquelitos», dirixido polo artista Javier da Rosa de Milicia Gráfica.
Esta sexta edición, o festival conta con artistas e actuacións nacionais como Orquestas
Inclusivas de Andalucía, idea e proxecto persoal do director xerente da ROSS (Real
Orquesta Sinfónica de Sevilla) Pedro Vázquez Marín, e Juan Manuel Montoya, El
Langui, artista multifacético, gañador de dous premios Goya ―un ao mellor actor
revelación e outro á mellor canción orixinal― e membro do grupo de hip hop La
Excepción. Esta dimensión nacional do festival protagoniza o cartel deste ano, obra do artista Javier de la Rosa que se encargou de deseñar a imaxe de todas as edicións de
DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas. A Coral Polifónica da Coruña «El Eco» que se
subirá ao escenario da Ágora nun espectáculo conxunto con Orquestas Inclusivas de
Andalucía, é un dos nomes locais máis recoñecidos que forman parte da programación
xunto ao grupo de percusión metamorfose, integrado por persoas con síndrome de
Down na súa maioría e impulsado por Plataforma DiversidArte, e Proxecto Barbeito,
unha proposta de danza integrada levada a cabo por Yanel Barbeito Delgado, bailarina
e experta en teatro cubana, afincada na Coruña.