A Coruña, 17 de setembro de 2021.- A alcaldesa da cidade, Inés Rey, anuncia que
“a liña 11 do bus urbano volverá ao seu percorrido habitual” nos vindeiros días,
pasando pola avenida dos Mallos e recuperando dese xeito a parada que había
nesa vía tras o remate das obras de saneamento na zona.
A rexedora explicou que o Concello aproveitou o tempo desas obras para realizar
“un estudo das frecuencia, do fluxo de persoas viaxeiras e, en definitiva, para
analizar tecnicamente a situación da liña 11 e ver que melloras se poden ir
realizando co fin de darlle un mellor servizo ás veciñas e veciños”.
Rey apuntou que desde o consistorio sempre se defendeu que se trataba dunha
cuestión de carácter temporal e que a parada da avenida dos Mallos vaise manter
porque “loxicamente dá un servizo ao barrio”.