Viñetas desde o Atlántico 2021 convoca aos autores noveis e consagrados que nestes tempos convulsos conforman co seu traballo a realidade do comic máis actual
Hércules volta á cidade. E nada menos que da man de Das Pastoras. Os orixinais do seu último traballo, "Hércules 1417", con guión de Pedro Villora e dedicado ás fazañas deste mito tan estreitamente ligado á nosa cidade, estarán na Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita.
Entre os convidados, Raúl Allén e Patricia Martín traerán a Coruña a súa exquisita adaptación de "Dune". Os adictos aos súper heroes do universo Marvel gozarán da exposición de Pepe Larraz, mentres a temática social e os problemas que están a preocupar actualmente á cidadanía terán o seu marco en "Subnormal", o traballo co que Fernando Llor e Miguel Porto afondan na dura realidade do acoso escolar.
A este Viñetas 2021 chegarán tamén autores como Núria Tamarit e a súa premiada obra "Avery's Blues" e Jaime Martín coa súa triloxía sobre a recente historia de España, mentres que Javier Olivares e Santiago García amosarán os orixinais das súas obras "Las Meninas" e "La Cólera" no Kiosco. Outro dos invitados é Tyto Alba, a través de quen nos achegaremos ás vidas de Casagemas e Picasso, Fellini, Balthus ou Whitman.
A Coruña, 27 de xullo de 2021.-
Entre os convidados, Raúl Allén e Patricia Martín traerán a Coruña a súa exquisita adaptación de "Dune". Os adictos aos súper heroes do universo Marvel gozarán da exposición de Pepe Larraz, mentres a temática social e os problemas que están a preocupar actualmente á cidadanía terán o seu marco en "Subnormal", o traballo co que Fernando Llor e Miguel Porto afondan na dura realidade do acoso escolar.
A este Viñetas 2021 chegarán tamén autores como Núria Tamarit e a súa premiada obra "Avery's Blues" e Jaime Martín coa súa triloxía sobre a recente historia de España, mentres que Javier Olivares e Santiago García amosarán os orixinais das súas obras "Las Meninas" e "La Cólera" no Kiosco. Outro dos invitados é Tyto Alba, a través de quen nos achegaremos ás vidas de Casagemas e Picasso, Fellini, Balthus ou Whitman.
A Coruña, 27 de xullo de 2021.-
É un pracer anunciar un novo Salón Internacional do Cómic, o vixésimo cuarto, entre o Viñetas do 2020 desenvolvido no medio dunha pandemia mundial e mais esoutro que, o ano que vén, conmemorará o cuarto de século de existencia da clásica cita coruñesa co cómic mundial. É a lectura que fai o director da feira internacional, Miguelanxo Prado. "Este Viñetas 2021 é o da supervivencia positiva, o salón que se executará nunha fase próxima á normalización absoluta e fará de ponte coa celebración do 25 aniversario de Viñetas no 2022". É por iso que, á hora de deseñar o programa, o XXIV Salón do Cómic foi organizado arredor deses dous eixos esenciais de referencia e mesmo cubrindo todas as áreas: súper heroes, temas sociais, obra de autor, charlas, a feira de banda deseñada... e con convidados, tanto novos coma consolidados, cuxas obras configuran a realidade da banda deseñada nacional nestes tempos convulsos.
O cartel do XXIV Viñetas desde o Atlántico leva a sinatura de Teresa Valero, a autora que acaba de impactar no público e no sector co seu último traballo, “Contrapaso”, nomeado aos Premios Eisner 2021. Os orixinais de “Contrapaso. Los hijos de los otros”, unha novela gráfica negra ambientada no Madrid dos anos 50, veranse no Kiosco Alfonso. Os afeccionados poderán gozar da presenza da autora na Coruña.
A pesar de que, tras da restritiva edición do 2020, o Salón recupera a normalidade, o seu programa adaptarase á realidade que as autoridades sanitarias determinen nesas datas (do 9 ao 15 de agosto). Así, as charlas, reunións e sesións de sinatura cos creadores convidados terán lugar aplicando as medidas que recomenden. Tamén se celebrará a tradicional Feira da Historieta, o espazo que cada ano concentra nos Xardíns de Méndez Núñez ás principais librarías e editoriais especializadas.
Palexco será parada imprescindible para os amantes dos grandes clásicos da literatura de ciencia ficción. A cita é con "Dune", a adaptación autorizada da inmortal novela de Frank Herbert que asinan Raúl Allén e Patricia Martín.
Sabémolo. Non hai viñetas sen súper heroes. Este ano é a quenda de Marvel e as personaxes deseñadas por Pepe Larraz, quen revitalizou o universo dos mutantes con “House of X” e ademais está a piques de publicar o seu último proxecto, “X of Swords”.
A realidade social e os problemas que máis preocupan á cidadanía actualmente están presentes en Viñetas 2021. Igual que a memoria do que fomos. Fernando Llor (guión) e Miguel Porto (debuxos) exhibirán en Palexco os orixinais da súa obra "Subnormal", que conta a historia do xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta, vítima de acoso na infancia a pesar da súa envergadura física. Jaime Martín permitiranos percorrer a Guerra Civil, a posguerra e a transición sen saírmos do Palexco. Os visitantes verán os orixinais que compoñen a triloxía autobiográfica que comezou a publicarse en 2014 con "Las guerras silenciosas", "Nunca tendrán 20 años" e que pechou co máis novo "Siempre tendremos 20 años".
A Sala do Pazo Municipal dará cabida aos orixinais dos orixinais con que Das Pastoras da vida ás fazañas de Hércules, o mito tan estreitamente ligado á nosa cidade. A Sala Salvador de Madariaga acollerá “Adeus amigos”, de Begoña García-Alén González e “As aventuras de Passer P. Malta”, de Andrés Magán Zamorano, Premios Castelao de Banda Diseñada 2020 da Deputación da Coruña.
Igual que en anos anteriores, a Torre de Hércules será outro dos espazos expositivos do Salón. Ao cabo, a única condición que se impón aos autores que deseñan cada ano o cartel de Viñetas é que a súa achega inclúa o faro. Os afeccionados terán a oportunidade de botar unha ollada aos 24 carteis do Salón.
Viñetas desde o Atlántico 2021 ofrecerá, coma sempre, presentacións editoriais, e mentres, o consolidado e pacífico exército de personaxes sairá de novo ás rúas coruñesas. Unha vez remate a semana grande do Salón, do 9 ao 15 de agosto, as exposicións continuarán abertas ao público ata o día 5 de setembro.
O Kiosco Alfonso cede as súas paredes a un grupo de creadores cuxos orixinais van concitar o interese do público. Núria Tamarit, Tyto Alba, Teresa Valero e Javier Olivares e Santiago García. Os afeccionados penetrarán no universo de "Avery's Blues" de Tamarit; coñecerán o corpo e mais o alma cos que Das Pastoras dotou ao xigante Hércules; viaxarán ao Madrid dos anos 50 con Teresa Valero ou camiñarán da man de Picasso, Fellini, Balthus e Whitman grazas aos trazos de Tyto Alba. Tamén a visión do universo velazqueño e da historia de Aquiles que teñen Javier Olivares e Santiago García nas súas obras "Las Meninas" (Premio Nacional de Cómic) e "La Cólera" .