Do 20 ao 24 de abril o Forum Metropolitano da Coruña acolle este festival, no que unha ducia de narradores desenvolverán diferentes espectáculos baseados na tradición oral e nos contos “de boca a orella”.
A cita conta coa participación de grandes figuras como Cándido Pazó, Soledad Felloza ou Xurxo Souto, e propón espectáculos para toda a familia, contos para os máis cativos e narracións para o público adulto, nun programa que simultánea diferentes actividades en diversos espazos do Forum.
A inauguración do festival, o 20 de abril, correrá a cargo de Soledad Felloza, que porá sobre as táboas o relato construído tras a desenvolvemento do Proxecto Memoria a Coruña, en charlas coas ex-traballadoras da Fábrica de Tabacos.
As entradas para os espectáculos están xa á venda na web do Concello da Coruña e nas billeteiras de Praza de Ourense.
A Coruña, xoves 8 de abril de 2021.-
De boca a orella, así é como se transmitiron a meirande parte das grandes historias da historia. Logo chegou a imprenta, a capacidade de condensar, negro sobre branco, toda esa sabedoría, pero aínda hoxe, nos tempos do dixital, do acceso ilimitado -polo menos no noso lado do mundo- ás historias, nada supera o poder daquelas cousas que se contan cara a cara, boca a orella.
Por iso Artestudio Xestión Cultural recupera o peso da narración oral e da tradición contadora no festival Falando a Boca Chea, cinco xornadas, unha ducia de contadores, e moreas de historias agardando polos ouvidos que as queiran recoller, que cobrarán vida no Forum Metropolitano da Coruña entra o 20 e o 24 de abril.
O festival, que conta con grandísimo nomes no seu cartel, como Cándido Pazó, Soledad Felloza ou Xurxo Souto, estrutura o seu contido en diferentes aspectos: contos para os máis cativos, narracións para toda a familia e historias pensadas para o público adulto, que atoparán o seu espazo en diferentes escenarios dentro do Forum, e que buscan reivindicar o peso da narración oral e da historia contada en primeira persoa.
Algo que queda claro dende a xornada inaugural, o martes 20 de abril, ás 20:30, que correrá a cargo da contadora Soledad Felloza, que despregará sobre o escenario do Auditorio do Forum Metropolitano o texto resultante das súas conversas coas ex-traballadoras da Fábrica de Tabacos, dentro do marco do Proxecto Memoria, deselvolvido tamén por Artestudio Xestión Cultural en diferentes concellos.
A partir dese momento, e até o sábado 24 de abril, sucederanse as sesións de contos, historias e narracións, de viva voz, como se transmitiron toda a vida, a cargo de contadores capaces de imprimir unha nova verdade a relatos que, desenganémonos, teñen moito máis peso cando os escoitamos coa voz de quen sabe contalos.
CALENDARIO
Martes 20 de abril
Auditorio Principal
20:30 horas. Xornada inaugural, Proxecto Memoria a cargo de Soledad Felloza
Mércores 21
Vestíbulo
19.00 horas. Vero Rilo (todos os públicos)
Audiorio Principal
20:30 horas.Cándido Pazó (público adulto)
Xoves 22
Vestíbulo
17:30 horas. Ramiro Neira (público infantil)
19:00 horas. Ana Carreira (todos os públicos)
Auditorio Principal
20:30. Avelino Carreira (público adulto)
Venres 23
Vestíbulo
17:30 horas. Olga Abad (público infantil)
19:00 horas. Lorena Pinheiro (todos os públicos)
Auditorio Principal
20:30. Ángeles Goas (público adulto)
Sábado 24
Vestíbulo
19:00 horas. Colectivo Amador de Narración Oral “Cédoche a Palabra” (todos os públicos)
Auditorio Principal
20:30. Xurxo Souto (público adulto)