Iniciamos unha campaña informativa e de recollida de sinaturas:
A semán pasada iniciamos unha campaña de información á poboación coruñesa do que
supón que se faga a ampliación do vello CHUAC tal e como pretenden Xunta e Concello.
É moita a xente que pensa que se vai facer un “NOVO CHUAC”, que é o que se publicita.
Un hospital novo, coma o que teñen en Lugo, en Vigo, en Santiago, En Pontevedra...
Non saben que realmente se vai hipotecar a inversión en sanidade da Xunta en máis de 400
millóns de euros para parchear un hospital vello e facerlle unha ampliación.
Non saben que se van pechar o Hospital Oncolóxico, o Hospital Materno-Infantil Teresa
Herrera, o Centro de Especialidades Ventorrillo, e parte das especialidades do Abente e
Lago.
Non saben os problemas que vai haber e como vai interferir isto no funcionamento normal do
hospital, nin os riscos sanitarios que se van correr.
Non saben que hai moitas opcións menos costosas para facer un hospital novo e con
futuro.
Nin que van tirar un montón de vivendas para facer detrás do CHUAC unha praza de
formigón.
Por iso estamos facendo unha campaña de difusión a pé de rúa, e tamén por iso creamos
un blogue no que a cidadanía se poida informar:
E abrimos unha recollida de sinaturas en Change.org para pedir o apoio á nosa proposta:
http://chng.it/PhGnmRsycg
NOVO CHUAC SI, PERO NON ASÍ
MENOS CEMENTO, MÁIS PERSOAL!