Para cumprir coa nova normativa anunciada hoxe pola Xunta, o
Concello reactivará a venda de localidades para estas citas coa
capacidade permitida neste período que é de 30 asistentes
A Coruña, 4 de novembro de 2020.-
En cumprimento da nova normativa anunciada
hoxe pola Xunta de Galicia e con efectividade desde este venres, os recintos
culturais municipais -Centro Ágora, Coliséum, Fórum Metropolitano, Teatro Colón e
Teatro Rosalía Castro- devolverán a totalidade das entradas para os espectáculos
previstos nun mes en adiante desde o día 6. A venda das localidades para estas
citas reactivarase coa capacidade máxima permitida de 30 asentos. En todo caso,
manteranse os descontos fixados de antemán e o importe dos tickets devolverase a
través da canle pola que foron adquiridos.
En concreto, o espectáculo afectado para esta primeira fin de semana é “Shock, el
cóndor y el puma”, previsto para os días 6 e 7, ás 19.30 horas, no Teatro Rosalía
Castro, dentro da programación do Ciclo Principal de Outono 2020.
Aviso importante: os cambios nas demais montaxes comunicaranse
puntualmente a partir da vindeira semana.