A Coruña, 9 de novembro de 2020.-
Aínda que parece que nos “acostumamos” a contar certas novas sobre o ciclo metropolitano Elas Son Artistas, hai outras que a día de hoxe non pensabamos ter que comunicar.
A nivel interno cambiamos de datas de celebración tres veces, mudamos de festival a ciclo, sufrimos cambios de día e incluso de lugar de celebración dos eventos dentro dos oitos Concellos que participan, pero, nesta ocasión, e con motivo das novas medidas decretadas pola Xunta en salas e hostalería, encamiñadas a frear a propagación da Covid-19, vémonos na obriga de cancelar o directo de Carmen Boza do próximo 13 de novembro na sala Garufa da Coruña.
De todas maneiras, non nos conformamos, e xa temos pechada a súa actuación dentro do ciclo Elas Son Artistas 2021, da que informaremos no seu momento.
O desenvolvemento do resto da programación prevista para este ano continúa condicionado ás posibles medidas que se decreten en función da situación sanitaria.
CARMEN BOZA:
A música de Carmen Boza nútrese do seu forte vínculo coa guitarra, o cal leva explorando desde os 15 anos. O interese por moitas propostas da chamada música comercial, á vez que por moitos outros proxectos de corte máis alternativo, desemboca no torrente de influencias que se aprecian nas composicións da gaditana.
A finais de xullo viu a luz “La Grieta”, o seu tema máis recente composto e producido por pola mesma. Unha canción escura e doce que explora a incerteza do punto cego e, dalgunha maneira, é unha reafirmación nos seus intereses vitais e unha proxección da súa propia mente e inquietudes.