Esta actuación, que conta cun orzamento de 225.000 euros,
pretende solucionar os problemas que ocasiona neste punto
un colector unitario
A Coruña, 04 de novembro de 2020.
A Deputación da Coruña financiará, a
través do Plan Único, un proxecto para a instalación dun colector de pluviais
entre as rúas Camiño do Cementerio, avenida e Sada e avenida do Puerto, no
Concello de Sada.
A actuación, que conta cun orzamento de 225.36776 euros, permitirá
solucionar os problemas que ocasiona a actual distribución da rede de tubaxes
neste punto. Na rúa Camiño do Cementerio existe actualmente un colector de
augas pluviais que, nun determinado pozo da vía, conéctase á rede de fecais
transformándose así nun colector unitario.
As obras a realizar son colocación dun colector para transporte de augas
pluviais desde o pozo onde agora se unen os colectores de pluviais e fecais na
rúa Camiño do Cementerio para ter unha rede separativa. Tamén se inclúen no
proxecto dous colectores, un por cada marxe, na avenida de Sada ata a parte
máis próxima á zona portuaria, onde se unirán a outro de maior diámetro ata
alcanzar o do porto.
Os traballos consistirán na demolición do pavimento existente, a colocación da
tubaxe de PVC e a posterior reposición do firme afectado. Tamén se realizarán
pozos de rexistro así como de sumidoiros para recoller as augas de escorrentía
superficial.