Freedom (The Very Best of Aretha Franklin) coa incrible voz de Noelia Santos, coros, coreografías, e una sección rítmica e de ventos encherán tamén Teatro Colón de pasión, talento e respeto, as tres palabras que definen este proxecto.
Freedom (The Very Best of Aretha Franklin) é unha formación integrada por once músicos moi coñecidos na cidade herculina que pretenden levar este espectáculo -homenaxe a Aretha- un paso máis alá. Noelia Santos como voz principal, os coros de Ángeles Dorrio, Irene Añón e Sara Lorenzo, ás que se unen Pablo Añón, Santi González, Nicolau Rodríguez, Iago Mouriño, Alejandro Artalejo, Octavio Vargas e Samuel Pérez.
Coreografías pensadas para rememorar o espírito dos 60 e 70, e temas menos coñecidos xunto a éxitos como Think e Respect son a proposta do grupo, que nace con vocación de durabilidade.
Freedom, The Very Best Of Aretha FranklinXoves 15 de outubro, 20h30.Teatro Colón.Festival Elas Sons Artistas
Elas Son Artistas é un micro festival no que a creatividade da muller é protagonista e que achega eventos culturais a 8 concellos da área Metropolitana da Coruña cunha programación máis intensa na capital, na que conta con múltiples sedes.
En todos os espectáculos, sexan de música, pintura... a característica que os une é que hai mulleres creadoras á fronte deles, aínda que iso non exclúe aos homes dos nosos escenarios. Trátase dun proxecto que pretende visibilizar a igualdade na cultura e que incorpora tamén unha xornada profesional para traballar no ámbito das boas prácticas que permitan unha igualdade real no ámbito das artes, tanto por parte das administracións públicas como desde o sector privado. Na edición actual damos traballo a 96 artistas e profesionais do sector cultural, ademais do equipo principal do festival que somos catro persoas e duas máis que se suman como colaboradoras.