jueves, 1 de octubre de 2020

VIII Outono de Tapas en Sada

Sada vólvese ir de tapas no VIII Outono de Tapas, organizado polo Concello de Sada co obxectivo de reforzar a marca da vila e animar o comercio local e o sector da restauración.

Sada vólvese ir de tapas no VIII Outono de Tapas, organizado polo Concello de Sada co obxectivo de reforzar a marca da vila e animar o comercio local e o sector da restauración. 

Nesta octava edición o Outono de Tapas amplía as súas datas de celebración a dúas semanas completas, coa idea de ofercer máis posibilidades a veciños e visitantes nas maiores condicións de seguridade evitando agomeracións e cumplindo coa todos os protocolos sanitarios. 

Así, terá lugar entre o luns 9 e o domingo 22 de novembro. Serán, pois, 13 días nos que o público poderá degustar o a nosa gastronomía local en pequenos bocados de productos de tempada optando a diferentes premios directos dos raspa e gana creados especialmente para o evento onde se incluen desde camisolas, máscaras e outros obxectos de divulgación do Concello de Sada ata vales de servizos a desfrutar nos locais participantes. 

Desde a Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego animan a todos os bares e restaurantes a participar nesta nova edición que promocione Sada como un destino seguro e dinámico que aposte polos productos de tempada e a creatividade. 

Para más información, achegamos as bases do Roteiro Gastronómico. 

OBXECTIVO XERAL: 

O Concurso de Tapas de Outono que se ven realizando na localidade de Sada desde fai oito outónos transfórmase nesta edición nunha Ruta Gastronómica para adaptarse as normas de seguridade sanitaria impostas polo contexto en relación a COVID-19. 

Esta ruta organízase cos seguintes obxetivos:

• Promocionar os productos de temporada de Sada e comarca e con iso a propia cultura e turismo da localidade, mediante un roteiro gastronómico. 

• Impulsar a promoción do sector da hostalería e o seu atractivo para a veciñanza e visitantes 

• Consolidar o evento Outono de Tapas de cara a edicións posteriores 

• Impulsar a calidade e orixinalidade da oferta gastronómica local. 

SEGUNDA: PARTICIPANTES

A VIII Outono de Tapas terá un carácter aberto á participación de todas as persoas físicas e xurídicas cuxas actividades profesionais atendan a criterios gastronómicos en locais destinados a bares e restaurantes en Sada. 

TERCEIRA: ENTIDADE ORGANIZADORA.

A entidade organizadora do VIII Outono de Tapas é o Concello de Sada en colaboracións cos Hostaleiros participantes. 

CUARTA: REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN.

Todos os participantes no VIII Outono de Tapas deberán cumplir os seguintes requisitos:

• Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos de hostalaría do concello de Sada que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.

• Cada establecemento presentará como mínimo 1 tapa de cociña con productos naturais de tempada propias do outono 

• O prezo da tapa será de 1€ IVE incluído (consumición aparte).O prezo establecido é un prezo promocional de obrigado cumprimento durante o concurso.

• Os establecementos participantes deberán ter a tapa presentada a concurso, a disposición do público entre os días 9 e 22 de novembro en horario de manha, tarde ou noite segundo os horarios de cada local. 

• Os concursantes deben de cumprir a normativa legal vixente en materia de seguridade alimentaria en todos os procesos de elaboración das súas propostas. Terán a consideración de participantes no concurso todos aqueles establecementos que: • entregasen o boletín de inscrición e a ficha técnica da receita da tapa

• Conten co visto e prace, atendendo ao regulamento e á calidade do evento, do departamento organizador do concurso. 

• Os e as participantes, incluiranse nun folleto-mapa de localización de todos os establecementos xunto coas propostas presentadas. Este mapa servirá de referencia ao público para situar e coñecer os establecementos candidatos e a súa oferta de degustación. 

QUINTA: CALENDARIO DE PARTICIPACION.

O roteiro gastronómico terá lugar durante os días 9 e 22 de novembro en horario de manha ( 11:30 a 15:00 horas) e/ou de tarde 19:00 a 24:00 horas aproximadamente.

SEXTA: ACEPTACIÓN DAS NORMAS DE PARTICIPACIÓN.

A firma da solicitude de inscrición conleva a aceptación de todas e cada unha das presentes normas de participación e en particular: 

• Os participantes terán a obrigación de servir as tapas presentadas na solicitude durante os días programados 

• Manter en sitio visible para a clientela as tapas ofertadas e o material gráfico da campaña 

• Manter o prezo único para as tapas acordado pola organización. SEPTIMA: PREZOS DAS TAPAS. Os prezos das tapas e obrigatorias para todos os establecementos participantes no concurso serán de 1€. 

O prezo do resto de produtos ofertados (tapas non participantes no concurso, racións, pratos elaborados, bebidas, etc.), serán libremente fixados polos establecementos participantes, conforme á lista de prezos que os establecementos deben ter expostas ao público. 

OITAVA: PRAZO DE INSCRICIÓN. 

As solicitudes de participación (cuxo modelo se adxunta nestas bases) serán entregadas no Concello de Sada entre o 1 e o 9 de outubro a través do rexistro telemático da Sede Electrónica do Concello de Sada de acordo coa Lei 39/2015 de procedementos Común das Administracións Públicas. 

Só se admitiran os presentado en soporte físico en casos excepcionais debidamente xustificado. 

NOVENA: PREMIOS. 

Para incentivar a participación de veciñanza e visitantes repartiranse vales de rasca e gana coas consumicións ata fín de existencias. 

Entre os premios haberá camisolas, máscaras e outros obxetos de divulgación do Concello de Sada así como servizos de cortesía facilitados polos locais participantes. 

Cada local ofrecerá como mínimo 1 servizo valorado aproximadamente en 10€. 

DÉCIMA: DIFUSIÓN

O Concello de Sada deseñará o cartaz e o mapa da Ruta gastronómica onde se incluirán os locais participantes e financiará a súa impresión e reparto entre os mesmos. O Concello promocionará a través da súa páxina web, App de Turismo e redes sociais (Facebook, Instagram, etc) o evento. 

Enviará información á prensa comarcal e colocará material gráfico en puntos extratéxicos de Sada anunciando o VIII Outono de Tapas.