A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, quere transmitirlle tranquilidade ao
alumnado destas escolas deportivas e lémbralle que son espazos seguros. Existe
un protocolo Covid-19 específico por cada unha das actividades e estanse
adoptando moitas medidas de seguridade que deberían reducir o risco de
contaxio
A Coruña, 22 de outubro de 2020.-
O Concello a través da Concellería de Deportes,
informa de que, en cumprimento da nova orde da Consellería de Sanidade do 21 de outubro
de 2020, os grupos das Escolas Deportivas Municipais deberanse reducir a cinco persoas e
un monitor ou monitora. No caso das actividades de piscina, ademais, existe a limitación do
50% da capacidade e un máximo de 100 persoas en total ao mesmo tempo.
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, quere transmitirlle tranquilidade ao alumnado
destas escolas deportivas e lémbralle que son espazos seguros. Existe un protocolo Covid19 específico por cada unha das actividades e estanse adoptando moitas medidas de
seguridade que deberían reducir o risco de contaxio.
Como consecuencia á nova medida, o Concello da Coruña establece que durante os 14
días que dura esta nova restrición non será obrigatorio acudir ás escolas deportivas
municipais e, polo tanto, non se computarán as faltas de asistencia. O alumnado que
desexe asistir irá recibindo información ao chegar ás instalacións sobre como se van
organizar os grupos durante este período de tempo. O Concello poderá diminuír a
frecuencia das clases co fin de reducir o número de alumnado por grupo.